21/6/07

FACEMOS PAN


TALLER DE COCIÑA EN E. INFANTIL

Os nenos e nenas de tres anos de Educación Infantil levamos a cabo este curso varias experiencias de cociña.

O PAN : Cada neno/a amasou o seu boliño de pan cocéronse no forno e estaban boísimos.





ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN INFANTIL


(Curso 2006-2007)


¡COS PELOS DE PUNTA!





A biblioteca do centro organiza actividades para que tódolos nenos se acheguen a ela.



Estas semanas tratará “os nosos medos”. Estará ambientada para a ocasión, os nenos de tres anos fixemos dous murais: a bruxa e o vampiro.
Na biblioteca lemos o conto: “A bruxa regañadentes”
Tamén na clase traballamos este tema.( Pintamos un castelo, e cada neno fixo a súa pantasma, tamén pintamos bruxas e unha casa para a bruxa).

¿A qué lle temos medo os nenos de tres anos?
- Teño medo ó lume. (Silvia)

- Eu ás pantasmas. (David)

- Teño medo ós animais da selva. (Javier)

- Ós tigres. (Xoel)

- Ós lobos. (Carmen)

- Ós leóns. (Naroa)

- O lume tamén me da medo a min. (Eric)

- Ás serpes, un día entraron no meu coche, leveinas eu no colo, axudoume papá, estaban cos lobos pero non comeron a papá porque levaba unha escopeta, eu pegueille cunha escopeta de mentira. (Antía)

- Eu teño medo á raposa, vin unha en Pontedeume que non me deixaba pasar co coche e despois pillámola. (Elia)

- Teño medo ós tigres que os vin en Pontedeume. (Tomás)

- Eu téñolle medo ó raposo que o vin na casa do abuelo Luis, iba comer as galiñas, ós gatos non, porque non lle gustan e o padrino pegoulle. (Uxía)

- Ós coches grandes. (Eyob)

- Teño medo ó meu coche porque se está encendido atropéllame. (Mario)

- Teño medo ós lobos porque ó mellor estou so e vou polo monte e me ve un lobo. (Adrián)

- Teño medo ós tronos, que tronaba na Capela, donde estaba Manu. (Javier)

- Teño medo á escuridade. (Silvia)

- Non teño medo á escuridade porque non hai nada. (David)

- Mamá mañá quéreme levar onde están os morcegos, eu ós morcegos téñolles medo, non quero ir.(Uxía)

O noso corpo

EDUCACIÓN INFANTIL DE TRES ANOS


O NOSO CORPO





Cociñamos unhas galletas riquísimas!





mmmm...que ricas!


ALMORZOS SAUDABLES




EXCURSIÓN A GRANXA-ESCOLA DE BELELLE






EXCURSIÓN A MARCELLE







CHEGOU A DESPEDIDA





Estimados pais/nais:


Xa se acaba o curso e tamén unha pequena historia do voso fillo/a na escola.

Coñeceron a outros nenos/as da mesma idade, e compartiron patio e actividades con outros un pouquiño máis grandes. Tamén coñeceron distintos profesores e todo isto fai que se den conta de que hai diferentes maneiras de relacionarse.

Tendo en conta os intereses e a curiosidade dos nenos/as, traballáronse distintos proxectos: froitos do outono, o corpo, o Nadal, os xoguetes, o medo, os animais... e dou as gracias a todas as familias pola colaboración prestada.

É moi importante mirar xunto a eles os traballos feitos e valorarlles positivamente o esforzo realizado.

Un momento especial na escola foi a hora do conto, con numerosas visitas á biblioteca do centro. Un tempo para coñecer os libros novos que chegan á escola. Este proceso de lectura non debe cortarse. Todos os días podedes atopar un momento para compartir lecturas cos vosos fillos/as. Este é o único xeito de inicialos no hábito da lectura.

Agora nestas vacacións sabemos que cada neno/a vivirá experiencias distintas, cargadas de emocións que perdurarán na súa memoria (viaxes, xogos, amigos, etc). Todos estos recordos poden ser un bo punto de partida cos que elaborar proxectos interesantes no próximo curso, así que xa sabedes, fotos, apuntes, obxectos,...¡todo nos vale!

Desexo que pasedes un bo verán e que disfrutedes dos vosos fillos/as ao máximo.