12/12/07

O TEATRO NA EDUCACIÓN INFANTIL


O neno é un mal actor para os demais pero un actor magnífico para sí mesmo e todo o espectáculo debe organizarse de tal xeito que os nenos perciban que representan para sí mesmos. O premio máis alto debe residir na satisfación que os propios nenos experimenten pola preparación do espectáculo (disfrazarse, pintarse...) e non polo éxito e polo aplauso dos maiores.






3/12/07

CONTACONTOS



Hai uns días recibimos na nosa biblioteca a visita dunha parella de contacontos da editorial Kalandraka. A rapaza contaba os contos e o rapaz tocaba o clarinete. Foi un pracer escoitar o conto de "Nadarín", "A toupiña que quería saber quén lle fixera aquilo na cabeza", "Os chivos, chivóns"...

1/12/07

POR QUÉ CONTAR CONTOS

POR QUÉ CONTAR CONTOS

Un neno ten que medrar, acumular numerosas experiencias, desenrolar o seu mundo interior.
Os primeiros puntos de apoio que atopa o neno para a súa futura creación é “o que ve e o que oe”, acumulando ideas que logo usará para construir a súa fantasía.

Os contos axúdan a un neno:
- a desenvolver a imaxinación,
- a adquirir vocabulario, ler imaxes, aprender a nomear, a sinalar,
- a anticipar o que vai pasar,
- a descubrir o mundo que o rodea e que non lle é cercano,
- a distinguir o que está ben do que está mal, porque dá oportunidades para falar, para dialogar,
- a falar dos medos e vencelos,
- a investigar (os libros informativos ).
- a relaxarse, para acabar o día con moito cariño.
Por iso, hai razóns dabondo para contar contos.