24/9/08

PRIMEIRO DÍA DE CLASE

O primeiro día de escola para os nenos de cinco anos é un día de encontros, de sáudos, abrazos. Tamén hai un cambio de clase, hai cousas novas. A ver o que atopamos!

5/9/08

COMEZO DE CURSO

Quero darvos a benvida a este novo curso que comeza. Estou desexando vervos.
¿Que tal foron as vacacións? Teredes moito que contar!
Todos os profes estamos preparando as clases para recibirvos o xoves día 11 de setembro, pero antes, na clase de cinco anos, teremos unha reunión informativa para os vosos pais e nais o día 10 de Setembro ás 10 da mañá. Para os pais e nais de catro anos será ese mesmo día ás 11.
Un bico e ata daquela!

3/9/08

OS VERMES DE SEDA

En xuño quedounos sen mostrar unha experiencia moi interesante, como uns vermes de seda chegaron a ser bolboretas.

A cousa empezou así:

" Nunha caixa tíñamos uns oviños moi pequeniños que puxeran unhas bolboretas o curso pasado, esperábamos que naceran vermes pero pasaban os meses e alí non pasaba nada. Todos os nenos e nenas se preguntaban "¿cando nacen os vermes de seda?" e a resposta era: "cando esa árbore do patio, que se chama moreira, teña follas". Pouco antes do mes de Maio a moreira tivo follas pero na nosa caixa non víamos ningún verme! Cando nos cansamos de esperar decidimos coller follas da moreira e metelas na caixa a ver que pasaba. Era venres e marchamos de fin de semana, cando volvimos o luns miramos a caixa e non víamos nada pero ocurriusenos coller unha lupa porque se os vermes eran tan pequeniños ó mellor non se vían a simple vista, e cal sería a nosa sorpresa cando descubrimos uns vermes diminutos.


Os vermes foron medrando moito porque eran moi larpeiros e comían sen parar.



Cando xa estaban moi gordos pararon de comer e cun fío de seda, que producían eles mesmos, fixeron coma unha casiña redonda e amarela moi bonita e metéronse nela.


E nisto que acabou o curso e levei eu a caixa para a miña casa e aquí tedes as fotos das bolboretas.

Como un día vin a Tomás, deille a caixa coas bolboretas. Está encargado de coidalas e de traelas o primeiro día de cole. ¡Esperemos que se acorde!