29/11/08

CUMPREANOS FELIZ!

O pasado mércores celebramos os cumpres deste trimestre.




Cumpriron anos: UXÍA, TOMÁS, MARIO, CARMEN, SILVIA, EYOB.

Estaban moi guapos cada un coa súa coroa, e gustoulles moito o libriño que lles regalamos con debuxos feitos por nós.

Foi moi divertido, as mamás trouxéronnos os ingredientes para facer un biscoito e unha tarta, e nosoutros convertémonos en cociñeiros e puxémonos mans á obra. A mamá de Carmen exerceu de fotógrafa.

A tarta quedounos moi adornada cos lacasitos e as velas, pero, á hora de comela non tivo tanto éxito coma o biscoito do que non deixamos nin unha faragulla.
Gracias mamás, pola vosa colaboración que, coma sempre, agradecemos moito.

7/11/08

O MAGOSTO

Este venres celebramos o magosto.

Primeiro acabamos de facer un libriño que falaba das castañas.

Despois fixemos uns bolsos para meter as castañas asadas, fixémolos reciclando cartóns do leite.





Comemos as castañas no patio e despois xogamos.
Pasámolo moi ben.

4/11/08

FEIRA DE COGUMELOS E SAMAÍN





Na nosa clase celebramos o Samaín decorando as cabazas e cantando cancións de medo.

Tamén fixemos un traballo para o concurso da Feira de fungos e cogumelos. Estamos moi contentos porque nos deron un premio.

"Somos artistas"