21/12/08

NADAL 2008

Festival do Nadal

Posted by Picasa
Hoxe na Casa Dopeso celebramos a festa do Nadal. Actuaron tódolos cursos de E. Infantil e Primaria. Houbo teatro, bailes, panxoliñas... Foi moi importante porque nos viñeron a ver as mamás, os papás, as avoas.....

20/12/08

Os maiores actúan para os pequenos

Os rapaces/as de secundaria viñeron á clase de tres anos para actuar para os nenos/as de EducaciónInfantil, xa levan varios cursos facéndoo e pasámolo moi ben. Como despedida os nenos/as de tres, catro e cinco anos tamén lles cantan unhas panxoliñas.

18/12/08

Papá Noel

Este Papá Noel articulado deunos un pouco de traballo: colorear, recortar, pegar e compoñer, pero valeu a pena porque fomos moi contentos con el para a casa.

14/12/08

O NADAL


Para decorar o cole este ano cada neno axudado pola súa familia trouxo unha bola do Nadal. Mírade que bonitas!

4/12/08

CONTACONTOS

Hoxe fomos ao cine Alovi a escoitar uns contos narrados por Santi Prego que é un gran artista e soubo entreter e divertir a todos.

Estas caras dinno todo....

NEVOU NAS PONTES

A neve colleunos por sorpresa, pero deunos unha alegría. Como facía moito frío so estivemos un minuto no patio, o necesario para facer estas fotos.