24/2/08

PROXECTO: DINOSAURIOS

Foron moitas e moi variadas as actividades relacionadas con este proxecto.






- INVESTIGAMOS:

- Visitando á biblioteca, para buscar moitos libros de dinosaurios.



- Cada neno/a aportou material da súa casa.





- Xairo, un neno de cuarto de primaria, veu á nosa clase a explicarnos moitas cousas de dinosaurios.



- O mural que fixemos tiña un diplodocus enorme.






- Modelamos dinosaurios de barro e pintámolos.






- O réptil voador que colgamos no teito da clase parecía de verdade.






- Debuxamos e pintamos moitos dinosaurios .



- Marcamos as pegadas de dinosaurios en planchas de barro.






Tamén fixemos teatro, representando os dinosaurios herbívoros e carnívoros.








17/2/08

O ANTROIDO







¿ De qué nos disfrazamos?: de DINOSAURIOS.

A razón é moi sinxela, estamos embarcados nun novo proxecto:
"OS DINOSAURIOS"
Entre as actividades elexidas para estudiar este tema estaba a de confeccionar o disfraz de dinosaurio.