31/5/08

Historias con avoas e con avós

Despois do fin de semana moitos nenos e nenas contan que foron a visitar aos avós. Falan deles con moito cariño, non hai máis que oir a Uxía falar do seu avó Luis, e ver como se ilumina a cara de Adrián falando do seu avó Paco, ou como Silvia nos fala da súa avoa que está no ceo, ou a Eric falar do yayo Manolo que está en Barcelona, tamén Elia nos trouxo escrita a historia dos seus avós e do bisavó nun libriño con fotos, Eyob, Uxía , Adrián tamén trouxeron fotos, e tod@s falan e falan e ímonos coñecendo cada vez máis.

Este ano o tema do concurso literario das Letras Galegas tamén foi: "OS AVÓS" , así que fixemos un proxecto con este tema.

Fixemos un mural donde pintamos un avó e unha avoa e pegamos recortes de revistas con avós.



Falamos e nomeamos a todos os avós, pola parte de mamá e pola parte do papá. Algúns trouxeron fotos.


Na biblioteca atopamos libros.


Inventamos un conto entre todos: "Xana vai... á casa da súa avoa"

25/5/08

EXCURSIÓN A BELELLE

Por fin chegou o día da excursión. Todos estamos moi contentos a pesar do mal tempo. Como di o refrán: "A MAL TEMPO BOA CARA".
Con chuvasqueiros e mochilas todos para o autobús.


21/5/08

Letras Galegas

LETRAS GALEGAS


OS LIBROS SAEN DA BIBLIOTECA




Este ano ademais do concurso literario e do festival das Letras Galegas, pasou algo moi importante:

"OS LIBROS GALEGOS SAÍRON DA BIBLIOTECA"

Seleccionáronse unha serie de libros adaptados a cada etapa e puxéronse nunhas cestas no porche do colexio.

Nesta ocasión son os pais os que levan un libro para ler aos seus fillos.

O resultado foi moi positivo, así que decidimos prolongalo unha semana mais.

5/5/08

"A ratiña presumida"

CONTO: "Orellas de bolboreta"

Un grupo de alumnos de secundaria viñeron á clase de catro anos a contarnos un conto.


2/5/08

o autismo

O día 2 de Abril celebrouse por primeira vez o DÍA MUNDIAL PARA A CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO.
O autismo afecta a 1 entre 150 nenos.
A comunidade educativa debemos concienciarnos con este problema que non ten cura, pero unha intervención rápida mellora a calidade de vida destes nenos.
Para saber máis aconséllovos visitar esta páxina: http://hablapormidiceiago.blogspot.com/

23 de abril Día do libro

Atopei un vídeo con unha canción moi chula relacionada coa lectura neste blog:
Ourizos e chícaros: 23 de abril: Día do libro