26/4/09

OS VERMES DE SEDA

Esta semana mirando a caixa donde están os ovos, que puxeron as bolboretas dos vermes de seda do curso pasado, descubrimos que empeza a haber vida. Mirando cunha lupa vimos que unhas cousiñas negras que parecen fíos móvense .¡Teñen que ser os vermes ! Estamos moi preocupados porque á moreira do patio non lle acaban de medrar as follas e estes vermes comen sen parar. Se alguén sabe donde hai follas de moreira agradeceríamos que nos informe.

Atopamos unhas páxinas interesante para investigar sobre estes insectos:


23/4/09

DÍA DO LIBRO

CONTACONTOS

Hoxe contamos coa presenza na BIBLIOTECA do noso centro de compoñentes do grupo de teatro QUEMAISTENTEATRO.
Contáronnos tres contos:
"OH!",
"Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis"
e
"Que contan as ovellas para durmir"
Os nenos e nenas de educación Infantil disfrutaron moito. Damos as gracias a estas simpáticas artistas.

19/4/09

OS PLANETAS

Empezamos un novo proxecto :"O UNIVERSO".
Andamos investigando e buscando información. Eu atopei esta canción bastante antiga pero que nos pode gustar:"LA CANCIÓN DE LOS PLANETAS"




Vai nacer Rosendo, a mascota da Biblioteca



18/4/09

Rosendo, a mascota da Biblioteca


Xa temos a imaxe e o nome da mascota da Biblioteca, ROSENDO


Agora decidimos que debíamos ter a Rosendo nunha figura de tres dimensións, que se poida tocar. Na clase de cinco anos puxémonos mans á obra, e así nos quedou.



9/4/09

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

O día 2 de Abril celebrouse o Día Internacional do Libro Infantil, como xa publicamos en BIBLOCAXADO http://biblocaxado.blogspot.com/
Conmemórase o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen famoso polos seus contos: "O parruliño feo", "A sereíña", "O soldadiño de chumbo", "O traxe novo do emperador"....


Aquí temos dous vídeos: un é da vida do escritor e outro do conto "O parruliño feo" coa canción de Elton John "I want love".





DÍA INTERNACIONAL PARA A CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

O día 2 de Abril celebrouse o DÍA INTERNACIONAL PARA A CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO. Por falta de tempo e algúns problemas con internet retraseime coa noticia, pero non quero deixar de mencioanala e dar todo o meu apoio a estas familias que están loitando moitísimo por sacar todo o potencial que levan dentro os seus fillos/as.

Quero que miredes este precioso vídeo: "O ARCO IRIS DO AUTISMO"

1/4/09

CUMPREANOS

Hoxe celebramos os cumpres do segundo trimestre. Cumpriron anos ERIC, ALEJANDRA E JAVIER.