27/5/09

25 ANIVERSARIO DO CPI MONTE CAXADO



O C.P.I: Monte Caxado cumpre 25 anos. Xa levábamos días celebrándoo con contacontos, teatro, concertos e outras actividades, pero este sábado foi a festa de verdade cunha xornada de portas abertas e unha comida nunha gran carpa con case catrocentas persoas: pais, nais alumnos e exalumnos. Todos colaboramos na preparación desta festa. Os nenos/as de cinco anos pintaron murais para decorar o colexio e a carpa. Foi un día emotivo, un día de encontros, bicos, fotos....Os que inauguramos este colexio e seguimos aquí emocionámonos moito ao ver a tanta xente, incluídos os primeiros alumnos/as que tivo este centro.

23/5/09

TEATRO


O xoves fomos á casa Dopeso a ver unha obra de teatro: "As tres mosqueteiras na procura de Dartañán". Gustounos moito e non nos asustou nada porque somos maiores, pero algúns nenos de tres anos sí que se asustaban. Nosoutros rímonos moito coas mosqueteiras tan valentes.
Posted by Picasa

20/5/09

Concerto

Hoxe asistimos a un concerto de violíns e violonchelos. Os músicos eran profesores do Conservatorio Municipal e alumnos do colexio. Fixéronno de marabilla!.

19/5/09

Os contos

Sempre é un pracer escoitar contos e hoxe todos os nenos/as de Educación Infantil disfrutamos dunhas contacontos excepcionais, unhas verdadeiras artistas.


Gracias mamás por vir!







16/5/09

LETRAS GALEGAS 2009

O venres foi un día moi axitado. Nada mais chegar puxemos os nosos traxes de casiñas de ladrillo. Xunto cos nenos/as de tres e de catro anos representamos na "Casa Dopeso" o conto dos tres porquiños. Os nenos de tres anos eran casiñas de palla e os de catro anos casiñas de madeira.



Tamén foi un día de agasallos. Un conto polo traballo feito das Letras Galegas e o primeiro premio do concurso de reciclado de A.M.A. e déronnos unha cámara dixital que nos ven de marabilla para facer as fotos para o noso blog. Ademais descubro que teño moi bos fotógrafos na clase, como poderedes comprobar nestas fotos feitas por Elia, Eric, Eyob. (Estamos encantados, todos imos facer fotos con esta cámara.)



Pola tarde tamén foi a entrega de premios do certame Letras Galegas "As Boliqueiras" na Casa Dopeso. Tamén recibimos premio polo libriño que fixemos das palabras mais fermosas do galego.



13/5/09

Xogo simbólico

Na clase temos moitas teas. Non hai día que non as collan. Para disfrazarse, poñelas de mantel, taparse... Hoxe fíxome gracia velos facendo as camas. Tanto tempo pasaron facendo as camas que non houbo tempo para durmir.


TEATRO

O martes fomos a Coruña ao teatro. A compañía catalana Sim Salabim representou o conto: "Hansel e Gretel" con actores, marionetas e pianista no escenario. Gustounos moito.
O teatro foi no IES Cruceiro Baleares. Ao chegar comimos os bocatas na cafetería do centro e despois no salón de actos vimos a obra.


LETRAS GALEGAS 2009

Para conmemorar o día das Letras Galegas estamos facendo un libriño da vida de Ramón Piñeiro.



Pintamos un mural coa caricatura de Ramón Piñeiro López.





E tamén estamos preparando o conto "Os tres porquiños" cós nenos/as de tres e catro anos para representar o venres día quince na Casa Dopeso.

6/5/09

LETRAS GALEGAS 2009

Este ano a Real Academia Galega decidiu adicarlle o Día das Letras Galegas a Ramón Piñeiro López, intelectual e político galeguista.


4/5/09

Os nenos según Francesco Tonucci (Frato)

Este é un vídeo homenaxe a Francesco Tonucci, psicopedagogo e debuxante italiano, autor de numerosos libros.
Tonucci di que os nenos teñen as súas vivencias e formas de pensar, hai que escoitalos e crear entre todos o coñecemento.


1/5/09

Día da nai

Estos días traballamos moito para poder levarlle un agasallo ás nosas nais. Cada neno/a fixo un libro moi persoal que falaba da súa nai (cómo se chama , cómo é, qué cousas fai moi ben....)


Tamén lle fixemos unha felicitación.

Todos traballamos con moita ilusión e moito cariño para poder dar unha sorpresa a todas as mamás. Seguro que lles encanta!.