Que ben o pasamos hoxe traballando A PAZ. As mestras de Educación Infantil e os mestres de 1º, 2º e 3º de primaria organizamos varios talleres: de contos, videos, xogos corporativos e plástica. Na nosa clase foi o taller de plástica, entre todos fixemos un mural precioso.

Outra das actividades feitas esta semana foi ler as mensaxes de paz que cada neno/a trouxo nunha pomba feita coa súa familia.

Unha sorpresa e moita ledicia nos deron os nenos/as de tres anos que viñeron á nosa clase a repartir bicos e apertas gratis.