22/3/09

A PRIMAVERA

Chegou a primavera. Aínda que segue a facer bastante frío ,xa vemos os pesegueiros e as plantas con flor, coma as que temos no noso horto.


Temos que estar atentos á unha árbore do patio, a moreira, porque xa sabemos que cando teña follas nacerán os nosos vermes de seda.

Aquí temos un vídeo da primavera coa música dun gran compositor, Vivaldi.


10/3/09

Día da muller traballadora

O domingo día 8 de Marzo celebramos o día da muller traballadora. En infantil traballamos a coeducación a través de distintos recursos:
O conto: "O libro dos porcos"

Tamén atopei este vídeo (no blog de maestra de infantil) moi axeitado para a coeducación.



DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Posted by Picasa


GRACIAS a todas as mulleres e tamén a todos os que saben recoñecer o importante que é o seu traballo.

1/3/09