19/6/09

Fin de curso

Acabou o curso. E tamén este ciclo de Educación Infantil. Como pasa o tempo! Parece que foi onte cando entrábamos no colexio por primeira vez, inseguros porque non coñecíamos a nosa profe nin aos nosos compañeiros/as. E xa pasaron tres anos! Vivimos momentos que nunca esqueceremos.
Hoxe celebramos a nosa graduación. Acompañáronnos os nenos e nenas de tres e catro anos e tamén as mamás e papás. Foi un día importante e alegre aínda que as mamás e a profe emocionáronse bastante.

14/6/09

Proxecto:O corpo Humano

O NOSO CORPO


Mirámonos no espello e dibuxámonos:






O NOSO ESQUELETO

13/6/09

Excursión ao Muíño de Pedroso

O xoves fomos de excursión ao Muíño de Pedroso. Tivemos un día estupendo. Fixemos un boliño de pan, xogamos e comemos á beira do río. Pasámolo moi ben.



5/6/09

Cumpreanos 3º trimestre

Hoxe celebramos os cumpreanos de:

ANTÍA

DAVIDELIAXOELADRIÁN

Son os cumpres do terceiro trimestre. Fixemos o biscoito que nos gusta tanto e que nos sae tan ben.

FELIZ CUMPREANOS PARA TODOS!




1/6/09

CONTO: "A bruxa regañadentes"


O xoves pasado un grupo de alumnos/as de 4º de primaria representaron o conto "A bruxa regañadentes" para os nenos e nenas de Educacción Infantil. Foi unha iniciativa destes nenos/as por eso ten moito mérito. Fixéronno moi ben, dámoslles as gracias e animámolos a repetir a experiencia.