23/9/09
7º ENCONTROS DE EDUCACIÓN INFANTIL
Os días 25 e 26 de Setembro celébranse en Santiago os 7º Encontros de Educación Infantil". Reunirémonos mais de 500 profes de Infantil para reflexionar sobre a situación actual da Educación Infantil, coñecer experiencias innovadoras e propiciar o intercambio de experiencias e a colaboración entre o profesorado.
5/9/09
SETEMBRO - REUNIÓN DE PAIS
Acabáronse as vacacións. Estamos en Setembro. Este mes é de adaptación.
É tempo de acollida, sexa quen sexa, veña de donde veña. Acoller maneiras de ser, de pensar, de estar.
É tempo de observar, mimar e tender pontes de confianza cos nosos nenos e nenas e os seus familiares.
As profes de Educación Infantil queremos dar a benvida, a un novo curso, a todos os nenos e nenas, pero sobre todo aos nenos/as de tres anos, que veñen por primeira vez a este colexio.
O martes día 8 haberá unha reunión cos pais /nais ás 11:00h na aula de tres anos.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)