26/11/09

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


A educación en valores e na igualdade de xénero comenza na Educación Infantil a través dos modelos que a escola e as familias lles proporcionan aos nenos e nenas.





21/11/09

leer.es

O Ministerio de Educación en colaboración coas Comunidades Autónomas, a Real Academia de la Lengua Española e o Instituto Cervantes crearon un centro virtual para a lectura: LEER.ES
O ministro de Educación presenta o Programa Leer.es http://www.youtube.com/watch?v=roChHFaPn3o



http://leer.es/ pretende transmitir
o entusiasmo pola lectura e
animar a súa práctica, así
como aportar materiais e
consellos para os docentes
e as familias.

18/11/09

DEREITOS DO NENO



20 de Novembro: Día Internacional da Infancia




Dereito ó benestar.
Dereito a ser neno.
Dereito a ser feliz.
Dereito á liberdade.
Dereito a xogar.
Dereito á non violencia.
Dereito a non ser etiquetado.
Dereito a chorar.
Dereito a unha oportunidade xusta.



Na páxina web http://www.rayuela.org/ atoparemos textos, contos e xogos para traballar os dereitos dos nenos e das nenas.



Vídeo de Médicos sen fronteiras sobre a desnutrición infantil



17/11/09

CAEN AS FOLLAS

Poema de Uxío Novoneyra interpretado por Emlio Cao.
Uxío Novoneira (Letras Galegas 2010)

OUTONO

O OUTONO CHEGOU AO COLEXIO: ENTROU NAS CLASES, NOS CORREDORES, NO PATIO....

O POLO PEPE

Este curso son unha profe de apoio. Estou moitas horas na clase de tres anos pero tamén vou á clase de catro e de cinco anos.

Agora estou de baixa por un accidente e teño a man esquerda inutilizada, aproveito para ler, visitar outros blogues, e pensar nos nenos/as do cole que non se me sacan da cabeza.

A profe de cinco anos e os nenos e nenas da súa clase ensináronnos a canción do Polo Pepe. Mirade que mural máis chulo fixeron!