25/2/10

Recibimos unha visita

Hoxe visitáronnos nenos e nenas de Preescolar na casa. Querían coñecer o noso cole. Compartiron a merenda e os xogos con todos nós. Estivemos todos encantados.

21/2/10

Día Internacional da Lingua Materna 2010

Que é o Día Internacional da Lingua Materna?_
É unha conmemoración que se celebra o 21 de febreiro de cada ano, unha data significativa que estableceu a Conferencia Xeral da Unesco en 1999, co obxectivo de promover o pluralismo lingüístico e a diversidade cultural. Ademais, busca impulsar o recoñecemento e a práctica das linguas maternas de todo o mundo e, en especial, as das linguas con menos falantes.


Transmisores da lingua e dos afectos
descárgao e difúndeo! (pdf en baixa resolución)



1. Educa no respecto a todas as linguas
2. Transmite o valor da diversidade
3. Cultiva as linguas con menos falantes
4. Fomenta a aprendizaxe de linguas
5. Perde o medo a equivocarte
6. Déixalles aos teus fillos unha herdanza valiosa
7. Acolle as outras linguas que te rodean
8. Non lle peches a ninguén as portas da túa lingua
9. Practica o ecoturismo lingüístico
10. Fala tamén para os que están preto

20/2/10

FESTA DO ENTROIDO

Nestas fotos vemos aos nenos/as de tres anos disfrazados de hippies, e participando nos obradoiros de pintura, baile e maquillaxe cós outros nenos/as de E. Infantil e primeiro curso de Primaria. Resultan moi enriquecedoras estas experiencias compartidas entre distintos cursos porque se respetan, se axudan e todos aprenden de todos.

15/2/10

Festa do venres

O venres todo o colexio participou na festa do Entroido disfrazándose e comendo os freixós e as orellas.
Os nenos/as de E. Infantil e os de Primaria participamos nos obradoiros de pintura, baile, maquillaxe e xogos.

Estábamos guapísimos disfrazados de hippies!

Damos as gracias a mamás e papás que nos botaron unha man cortando e cosendo chalecos.

Nosoutros adornámolos cunhas flores chulísimas!

(As fotos non están demasiado claras, pero trataremos de que as outras profes que fixeron fotos nos pasen máis. )


Posted by Picasa

Xogos do Entroido


Toda esta semana estivemos metidos na festa do Entroido.


O xoves os nenos/as viñeron disfrazados das súas casa e no patio cuberto organizamos xogos e disfrutamos moito.



Posted by Picasa
Tamén unha bruxiña visitou
a meus nenos/as do curso pasado que, medraron tanto, e xa están en Primeiro de Primaria!

13/2/10

Día dos namorados

Por San Valentín, o Departamento de Normalización Linguística convoca un concurso de cartas e poemas de amor.

ImageChef.com - Custom comment codes for MySpace, Hi5, Friendster and more


Acércase o día dos namorados e na clase de tres anos falamos do AMOR….
Amor é algo que sae do corpo. E que se dan bicos. Eu quero a Eneka porque Eneka tamén me quere moito. (Antón)
Amor é un corazón. Eu quero a Lucía.(Ian)
Amor é algo que hai no corpo. Eu quero a Xandre porque é meu amigo. (Tadios)
Amor é que se queren. Son noivos. Eu quero a David Carballo porque me gusta moito porque ten o pelo bonito. (Carmela)
Amor…non sei. Teño noivo, é Tadios, porque é o meu amigo. (Franco Emilio)
Amor é que se abrazan. Eu quero a mamá. (Carlos)
Amor é cando mamá me dá bicos. Eu quero a Ainara porque é a miña amiga. (Nerea)
Amor é darse un bico na cara. Eu quero a Carmela porque é moi guapa. (Borja)
Amor abrazar. Eu quero a Paula porque a quero moito. (Diego)
Amor son os fillos. Os queren os avós e os papás. A miña noiva é mamá. (Alejandro)
Amor…non sei. Eu quero a meu amigo Eloy. (David Lage)
Amor é darse abrazos, a miña mamá me dá abrazos. Eu quero a Nerea. (Ainara)
Amor é que a miña mamá me dá bicos. Eu quero a Lucía. (Paula)
Amor é que a miña avoa me dá bicos. Eu quero a Ian. (Lucía)
Amor é que a miña mamá, a avoa, padriño e Olalla me dan bicos. Carmela non é a miña noiva, non quere ser. Eu quero que sexa a miña noiva. (Eneka)
A miña noiva é Carmela porque me gusta. (David Carballo)
Amor é que mamá e papá me dan bicos e apertas. A miña noiva é Silvia porque lle din a man. (Saúl)
Amor é que quero moito a Antón. É o meu noivo. (Marta)
Amor…Eu quero a Antón . (Pablo)
Eu quero a Paula porque non me pega. (Yeray)
Eu teño a Tadios que é o meu noivo. (Iker)
Eu quero a Eneka. (Erik)
Eu quero a Nerea porque é moi guapa. (Xandre)
Teño un noivo. É Diego, quéroo porque é moi bo. (Silvia)
Lulú é a miña noiva. Dame bicos. (Eloy)

6/2/10

Chega o Entroido!

O Entroido é unha festa que se celebra en Galicia dende sempre. O noso cole tamén contribúe para que esta festa perdure. Nós xa estamos a preparar os nosos disfraces!.


Aquí poño unha serie de recursos sobre o Entroido que, xenerosamente, teñen posto á nosa disposición diversos compañeiros doutros colexios.
http://centros.edu.xunta.es/ceipfrian/?q=node/494

http://casadetolos.nireblog.com/

Con todos estos xogos ímonos divertir moito:

Emparella

Descubre o disfraz

Ponlle a cada disfrace o seu sombreiro

Máscaras de carnaval

Fábrica caras

Carnestoltes1