29/3/10

2 de abril Día Internacional para a concienciación sobre o Autismo

A Asamblea Xeral da ONU adoptou unha resolución que declara o 2 de abril como o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo





25/3/10

CUMPREANOS 2º TRIMESTRE (clase de María)


Casi todos quixeron batir as craras a punto de neve.

Cumpreanos do 2º Trimestre


Hoxe celebramos o cumpreanos de: Xandre, Ian, Carlos, Carmela, Borja, Erik, David Carballo e David Lage. Cumpriron .. 4 anos!

Para celebralo preparamos entre todos un biscoito que nos saliu de rechupete.
Posted by Picasa

23/3/10

Visita á Casa dos Peixes


Hoxe a clase de catro anos e a de cinco anos viaxamos á Coruña á Casa dos Peixes.

A entrada foi gratuita, por ser o noso un centro colaborador de Voz Natura. Gustounos moito e , pasámolo moi ben!.

Posted by Picasa

Día Mundial da Auga


Cada ano o 22 de marzo celébrase o Día Mundial da Auga. Nas clases falouse da importancia da auga nas nosas vidas.
Tamén nos gustou moito ver as imaxes da formación da lago na mina das Pontes. Marisol explicounos todo esto estupendamente mostrándonos unhas imaxes incribles.
Toda a Infantil xunto con outros cursos de Primaria asistimos a esta charla na Biblioteca. Moitas grazas.
Posted by Picasa

18/3/10

Visita dos nenos e nenas da Gardería Barosa

Hoxe os nenos e nenas da Gardería Barosa viñeron compartir un ratiño da xornada cos nenos/as de Infantil do noso cole.
Tivemos teatro de monicreques feito por uns nenos/as de 6º DE PRIMARIA que nos gustou moito. Xogamos no patio de Infantil e despois disfrutamos dunha merenda moi rica preparada pola AMPA DO COLEXIO MONTE CAXADO.


Poesía para o Día do pai

Enseñarás a volar,
pero no volarán tu vuelo.

Enseñarás a soñar,
pero no soñarán tu sueño.

Enseñarás a vivir,
pero no vivirán tu vida.

Sin embargo...
en cada vuelo,
en cada vida,
en cada sueño,
perdurará siempre la huella
del camino enseñado.

17/3/10

CONTO: "MAMÁ TI SI QUE ME ENTENDES"

Autora: Teresa Moure
Ilustrador:
Leandro Lamas
Editorial:
Galaxia

Os lazos de unión, o amor, a tenrura, a complicidade, a alegría e as relacións entre unha nai e o seu fillo conxúganse nesta publicación como un fermoso canto á maternidade.

SABÍAS QUE:

A autoestima empeza a desenvolverse nos primeiros dezaoito meses de vida.

Configúrase fundamentalmente a partir do amor materno e do sentido de seguridade.

A partir dos dous anos e medio os nenos empezan a construír o sentido do pasado e a almacenar algúns recordos.

Recordar o pasado é unha forma importante de confeccionar a identidade
persoal.


Leandro lamas é o ilustrador do conto:

"Mamá ti si que me entendes"

Tamén ilustrou outros contos:


As ilustracións e cadros de Leandro Lamas (artista galego) destacan polo colorido, formas orixinais, fantasía...


9/3/10

Cincopatas.com

Aquí atopamos xogos para mellorar o manexo do rato, ademáis traballa aspectos de lóxica, a secuenciación, o enxeño e a destreza. Tamén hai un apartado de contos moi interesante.



8/3/10

A nai perfecta

Neste día sinalado como o Día da Muller quero compartir este texto (de Vladimir Reinhardt) que me gustou moito e vai para tódalas nais que lles gustaría ser unhas nais perfectas.

Unha nai perfecta sabe perfectamente que non hai nais perfectas nin moito menos.
Unha nai perfecta descobre que non hai idade, hora nin momento concreto para comenzar a educar, faise desde o principio.
Unha nai perfecta dase conta de que non hai fillos perfectos e de que todos teñen un pouco de todo.
Unha nai perfecta sabe que poñer límites é un acto de amor.
Unha nai perfecta sabe que hai amores que matan e por iso prefire mil veces máis protexer que sobreprotexer.
Unha nai perfecta aprende a confiar nas súas capacidades para educar e nas capacidades do fillo para aprender.
Unha nai perfecta aprende a aceptar as súas limitacións e os seus erros e aprende da experiencia.
Unha nai perfecta sabe que a teoría é moi bonita e fácil de entender e que a realidade é algo moi distinto.
Unha nai perfecta aprende a atopar un espacio para sí mesma (cine, música, amigos) e esfórzase por non sentirse culpable por iso.
Unha nai perfecta consola ao seu fillo cando sofre e dalle esperanzas dun futuro mellor.
Unha nai perfecta sabe aceptar un "non sei " por resposta.Unha nai perfecta sabe que ten as súas razóns cando lle pide algo ao fillo, pero tamén sabe que el ten as súas.
Unha nai perfecta sabe que a educación é unha combinación de paciencia, esixencia e tenrura.
----------------------------------------------------------------------------------------------

3/3/10

8 DE MARZO DÍA DA MULLER

O día 8 de Marzo celebramos o Día da Muller ou Día da Muller traballadora. É moi Importante traballar cos nenos/as a igualdade de xénero e coeducación. Lembrar que homes e mulleres son iguais, cos mesmos dereitos e obrigas.
Propoñemos algúns libros que consideramos fundamentais para eliminar ideas sexistas dende as primeiras idades e que poden ser traballados dende Educación Infantil.

(Ver conto) ROSA CARAMELO


(Ver conto) UNA FELIZ CATÁSTROFE



(Ver conto) ARTURO E CLEMENTINA


O LIBRO DOS PORCOS

Narrativa, Kalandraka, 2006

Escrito por Anthony Browne.
Un fantástico álbum ilustrado que nos presenta unha nai como tantas, cun home e uns fillos que, compracidos e esixentes, estomballados no sofá, teiman en convertela cada día nun ser invisíbel e sen rostro que traballa sen descanso. Até que decide marchar.

El Principe Ceniciento



Título: EL PRINCIPE CENICIENTO
De COLE, BABETTE
Editorial: DESTINO

View more presentations from nilu.

1/3/10


Os nenos/as de tres anos van ao teatro

Posted by Picasa
Todos no autobús imos para o teatro!

Posted by Picasa

TÍTERES

Hoxe fomos ao Cine Alovi a ver unha representación de Títeres dirixida aos nenos de tres anos.

OBRA: Rosalía, a pulga que escribía
Había unha vez, unha pulga moi, moi pequena: Rosalía.
Rosalía escribe unha carta cada día. Métea nun sobre, ponlle un selo e mándaa por correo. Bruno, o Canguro, un carteiro moi especial, encárgase en persoa de levarlla ao seu destinatario.... e lérllela.
Á señora Toupa porque non ve.
Á Dona Xirafa porque perdeu as gafas.
Á ovella porque non sabe ler.
Ao señor Ratón porque lle encanta que lle lean.
E a Mr Elefante porque só sabe ler en inglés.
O contido da carta é unha invitación :
UNHA FESTA NA CASA DE ROSALÍA.

Todos reciben unha carta, todos, menos Bruno, o Canguro.
Por que?
....

Practicar co rato