22/4/10

ABRIL, MES DO LIBRO



¿médrase cos libros?

¿Como co leite ou coas verduras?


- Sí, pero moito máis rico.


- Cando escoitamos un conto, vemos un debuxo, ou nos din unha poesía, medramos por dentro e por fora.


- Medramos para ler outros contos, ver outros debuxos e facer os nosos propios poemas.


Desde cero: Para os máis pequenos.




21/4/10

22 de ABRIL DÍA DA TERRA


Macaco - Mama Tierra - Dí

12/4/10

Canción

A repetición, as onomatopeias e os xestos fan desta canción toda unha promesa de diversión.

Voy en busca de un león...buscaré el más grande...no tengo miedo...muy valiente soy ....


LOBO FEROZ

Para participar no concurso de reciclado que convoca A.M.A. (aula de medio ambiente) na clase de tres anos traballouse moito facendo un lobo que nos quedou chulísimo.
"LOBO FEROZ QUE COME PAPAS DE ARROZ"





Posted by Picasa

Proxecto "O medo"


Empezamos construindo un gran castelo que máis tarde encheuse de pantasmas.


Posted by Picasa

8/4/10

Teatro


Hoxe os nenos e nenas de E. Infantil e o Primeiro Ciclo de Primaria fomos á Casa Dopeso a ver unha obra de Teatro: "LUME"
Unha obra de teatro de temática medioambiental, os animais colaboran para apagar un incendio no bosque.
A Compañía BABALUVA sorpréndenos e deléitanos cunha fantástica representación.
Os títeres están realizados con obxectos cotidianos, reconocibles e sen apenas transformación. Moita imaxinación e creatividade. Xenial!





2/4/10

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil



Este é o cartel conmemorativo do Día Internacional do Libro Infantil que, como todos os anos, publica a IBBY (International board on Books for Young People). Nesta ocasión os autores da ilustración e do texto son os españois Noemí Villamuza e Eliacer Cansino.

A mensaxe, distribuída por
OEPLI, está dispoñible nos catro idiomas do estado español; tamén en inglés.

O lema é: "Un libro espera por ti, búscao!"
O 2 de abril, data na que se conmemora o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, (máis de 150 contos ) é boa ocasión para lembrar que hai sempre un libro agardando por nós...


No Recanto de Mik atopamos estas preciosas ilustracións:
ILUSTRANDO A LECTURA on PhotoPeach



"As imaxes axudan a comprender o texto, e tamén enriquecen a experiencia lectora e contribúen á formación dun criterio respecto ás calidades artísticas.