24/10/10

CORRE CORRE CABACIÑA

Un conto moi apropiado para estes días que andamos coas cabazas:


O Samaín

Canción do grupo Mamá Cabra

21/10/10

Canción dos esqueletos.

Froitos do outono





Nosoutros tamén trouxemos moitos froitos do outono.

19/10/10

Cores do Outono

Hoxe experimentamos coas cores. Eleximos as cores que nos parecían do Outono e mesturámolas todas. O resultado foi un fondo precioso que nos vai servir para un mural. Mañá poñerémoslle follas, cogumelos e máis cousas do Outono.

Posted by Picasa

17/10/10

Nadarín

No blog "soñando cuentos" atopei outra versión do conto Nadarín, un teatro de marionetas con luz negra.

15/10/10

A aprendizaxe queda a suciedade desaparece.

No blog "maestra de infantil" atopei este vídeo que está xenial.

Animais mariños

Falando de animais do mar, un que nos gusta é o polbo, así que hoxe tocou facer polbos.
Primeiro Xulián, que era o encargado, repartiu follas de periódico. Miramos que noticias viñan nesas follas, e despois fixemos bolas que nos saíron moi ben, tan ben que xogamos un pouco a lanzalas como se foran pelotas.

Estas bolas ían ser as cabezas dos polbos que llas imos poñer aos rolos de papel que tíñamos preparados con oito patas cada un (como teñen os polbos).

Pintamos coa cor malva, deixamos secar mentras foi o recreo do patio e á volta co dediño mollado en pintura branca puxémoslles os ollos e a boca cun gomet.
O luns leváremolos á casa para adornar o noso cuarto..

Posted by Picasa

Tamén fixemos peixes con follas do outono

7/10/10

Proxecto "Peixes"

Que divertido! facemos burbullas como as que aparecen no acuario.



Parece que estamos no fondo do mar, pero estamos no patio de Infantil. Marcos, un profesor que estivo hai uns anos neste colexio e tamén Luísa deixáronnos estos murais que fixeron cos seus alumnos e que son unha obra de arte.




Posted by Picasa


6/10/10

O Peixe Arco Iris

Hoxe fomos á Biblioteca e tivemos a sorte de contar cunha contacontos excepcional, Anabel, unha amiga á que lle gustan moito os nenos e sabe moito de contos.
Enterouse de que estábamos traballando no Proxecto dos peixes e veunos contar o conto do "Peixe Arco Iris", un conto precioso que nos gustou moito. Gracias Anabel!


Todo o mundo vai para a BIBLIOTECA






Posted by Picasa




2/10/10

Estamos no outono

Estamos no outono e xa podemos notar os cambios que se producen nesta época do ano:- A caída das follas.- Recollida dos froitos do outono: castañas, noces, mazás, uvas.- A vendima.- Os paxariños que se van a outros lugares máis cálidos.- Os animáis tamén se preparan para pasar o inverno, preparan a súa despensa.