24/5/10

Excursión a Aldea Nova

Hoxe todos os nenos e nenas de Educación Infantil xunto con seis profesoras fomos de excursión a Aldea Nova. Pasámolo moi ben, os de tres anos fixemos pan, coidamos aos animais e traballamos no horto. Aquí tedes as fotos para que poidades ver o que traballamos e disfrutamos.



14/5/10

PREMIOS DO CONCURSO DE RECICLADO E DAS LETRAS GALEGAS

Este xoves, 13 de Maio, fomos todos á Biblioteca do centro para recoller o premio do concurso DAS LETRAS GALEGAS convocado pola ANPA. O tema foi:"As aldeas das Pontes"
Tamén se repartiron os premios do concurso de reciclado convocado por AMA(Aula de Medio Ambiente). Os premios consistiron en libros e puzzles para toda a clase. GUSTÁRONNOS MOITO.


PREMIOS DO CONCURSO DE RECICLADO E DAS LETRAS GALEGAS

Este xoves, 13 de Maio, fomos todos á Biblioteca do centro para recoller o premio do concurso DAS LETRAS GALEGAS convocado pola AMPA. O tema foi:"As aldeas das Pontes"
Tamén se repartiron os premios do concurso de reciclado convocado por AMA(Aula de Medio Ambiente). Os premios consistiron en libros e puzzles para toda a clase. GUSTÁRONNOS MOITO.
















Visit My Photos - 13 Pics




Premios na Biblioteca







Letras galegas 2010. "O piollo e a pulga"


Letras galegas 2010. "O piollo e a pulga"

11/5/10

LETRAS GALEGAS 2010

17 de mayo do 2010
A Real Academia Galega dedicará a Uxío Novoneyra o vindeiro Día das Letras Galegas.

Novoneyra foi un dos poetas máis relevantes na lingua galega de todos os tempos.

A obra do poeta está enraizada na tradición e no popular.
Fillo de labradores, naceu na montaña lucense, en Parada do Caurel en 1930, e dedicou a súa obra a inmortalizar a paisaxe da montaña.

Canto do paxariño

"No bicarelo do bico do brelo

canta un paxariño,

no mesmiño

bicarelo do bico do brelo"


Bicarelo e brelo
Uxío Novo Neira escribe estas dúas palabras, bicarelo e brelo, nun pequeno poema, "A Branca-Petra do Courel" (Os Eidos).

Bicarelo: Parte máis alta dunha construción ou planta.

Brelo: Póla

Canta Maite Dono co contrabaixista Baldo Martínez



Actividades Educación Infantil

"/>

7/5/10

3/5/10

PRAXIAS

Este curso as profesoras de Educación Infantil formamos un grupo de traballo coordinado pola profesora de Audición e Linguaxe para poder traballar axeitadamente a estimulación lingüística dos nenos e nenas de Infantil.
Entre as distintas actividades están: contar contos, discriminar distintos sons, aumentar o vocabulario e traballar as praxias (por medio de contos e xogos os nenos/as realizan unha serie de movementos de labios, lingua e mandíbula).




Coa caricatura dunha simpática vaquiña ensína os exercicios de praxias linguales e de mandíbula para lograr unha mellor vocalización nos nenos con transtornos da linguaxe.