29/6/10

PARA TRABALLAR AS TICS

No blog Maestra de infantil descubrín este material da Editorial Casals. É un recurso moi interesante.

PARA 5 AÑOS:

http://www.ecasals.net/uploads/resources/3509/P5.swf
PARA 4 AÑOS:
http://www.ecasals.net/uploads/resources/3508/data.swf
PARA 3 AÑOS:
http://www.ecasals.net/uploads/resources/3507/P3.swf

21/6/10

Fin de curso

Para rematar moito baile. Todos os alumnos de Infantil e Primaria reunímonos para despedir o curso con actuacións e bailes.



Pais contando un conto.

Uns pais da clase de tres anos prepararon un conto para contar na clase. Vendo as caras dos nenos/as xa vos podedes imaxinar que lles encantou. Os que máis disfrutaron foron Diego, David e Franco Emilio vendo os seus papás actuando para eles no seu cole.


20/6/10

A flor máis grande do mundo

Morreu o escritor portugués José Saramago, escritor comprometido có mundo e moi crítico con toda clase de inxusticias.
Como homenaxe recordamos este conto: "A flor máis grande do mundo".


Relato para nenos (e adultos) escrito e narrado por José Saramago.
"A flor máis grande do mundo, según contou Saramago, é a historia dun neno que “sae a descubrir o mundo, a tres minutos da súa casa, e o que atopa é unha flor murcha, que fai revivir con moito esforzo persoal, hasta que se fai tan grande que un dos seus pétalos sérvelle de protección mentras os seus pais o buscan...

"A flor máis grande do mundo", unha curtametraxe de animación en plastilina do director santiagués Juan Pablo Etcheverry e música de Emilio Aragón.

17/6/10

Revista Galega do Ensino

Revista Galega do Ensino

A partires de agora poderase consultar en liña no enderezo:

http://www.edu.xunta.es/eduga/

Animais domésticos

14/6/10

5/6/10

Cumpreanos do 3º trimestre

Para celebrar os "cumpres" do terceiro trimestre cociñamos unhas galletas riquísimas!.


2/6/10

Primavera

Estábamos no tempo de plantar e na clase de tres anos xuntamos moitas sementes. Primeiro clasificámolas: lentellas, garabanzos, fabas..., despois plantámolas nun mini horto que preparamos na clase. Así podemos ver tódolos días como van medrando.