Noa e Daniel cumpriron os tres aniños este mes de Novembro. Para celebralo preparamos unha festa na que colaboraron as súas nais.
Preparamos os gorros de cociñeiros/as, as coroas para os homenaxeados e fixemos un biscoito no forno. Despois puxemos a mesa, cantamos "Cumpreanos feliz", comemos o biscoito, bebemos batidos e zumes, e xogamos cos globos.
Unha festa moi, moi divertida!
Aquí tedes as imaxes:
30/11/10
26/11/10
Títeres: Nadarín
Onte fomos ver unha obra da compañia de títeres Trompicallo. Trátase do conto: NADARÍN, que xa o traballamos na clase.
Un creador que recorta figuras de papel introdúcenos no fondo do mar a través do noso protagonista: Nadarín.
Él mergúllenos nun mundo acuático cheo de habitantes das profundidades: pequenos peixes, centolas, ostras, cabaliños de mar, baleas …
Un Peixe Enorme persegue sen tregua a Nadarín. Así non se pode vivir, é necesario buscar unha solución.
.

23/11/10
Luís Seoane: "As mariscadoras"
Estes días estivemos traballando o cadro:AS MARISCADORAS de LUÍS SEOANE
Observamos moi ben o cadro descubrindo personaxes, cores, lugar onde se atopaban .....e xogamos a ser mariscadoras e mariscadores.
Descalzámonos e coa marea baixa puxémonos a mariscar, e atopamos berberechos, ameixas, cangrexos...Paramos cando as ondas eran moi altas.
Despois comezamos a facer as nosas obras de arte e a verdade é que prometen.
Mirade que estilo!
20/11/10
20 de Novembro: Día dos Dereitos do Neno
O 20 de novembro de 1959 aprobouse a Declaración dos Dereitos do Neno. E desde entón, en todo o mundo, celébrase nesta data o Día Universal dos Nenos e Nenas. 

17/11/10
16/11/10
Luís Seoane
Xa estamos empezando a coñecer a Luís Seoane:
Andrea trouxo información que nos mostrou encantada.
Tamén pintamos as letras e o fondo do Autoretrato de Luís Seoane
Andrea trouxo información que nos mostrou encantada.
Tamén pintamos as letras e o fondo do Autoretrato de Luís Seoane
14/11/10
13/11/10
Luís Seoane
Este ano celebramos o centenario do nacemento do artista polifacético LUÍS SEOANE.
Pintor, grabador, muralista, ceramista e poeta.
Desde a Biblioteca saen propostas para dar a coñecer a obra de este artista comprometido con Galicia.
12/11/10
MAGOSTO
Hoxe celebramos a festa do magosto. As mamás da ANPA trouxéronnos castañas asadas e un batido de chocolate. Tamén fixemos caretas de castañas, cancións, e xogos no patio.
8/11/10
CLASE DE PESCA
Para rematar ben o Proxecto dos Peixes hoxe tivemos a sorte de contar con tres pescadores que saben moito deste tema, un era o avó de Andrea que veu acompañado de dous amigos. Pertencen á Sociedade de Pesca A Venatoria. Dámoslles as gracias porque nos ensinaron moitas cousas dunha maneira moi divertida.
5/11/10
3/11/10
2/11/10
1/11/10
Samaín na Biblioteca
Andy Goldsworthy, Autumn Works
Andy Goldsworthy é un artista británico que se caracteriza por traballar sempre con materiais naturais.
Crea as súas obras en espacios naturais cos materiais que atopa: Pedras, follas, neve…
As súas obras son efímeras por iso fai fotografías das mesmas.
Este vídeo mostra obras súas do Outono.
Na clase de tres anos tamén fixemos os nosos cuadros con follas e froitos do outono.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)