31/1/11
Conto: "A princesa do Caurel"

Na Biblioteca atopamos este conto que nos está gustando moito sobre todo porque hai que ir adiviñañando o que nos vai aparecer na páxina seguinte.
E isto que é? Este é o gato que pillou a pega que roubou o anel da Princesa do Caurel… E isto que é?
A Princesa do Caurel é un conto acumulativo clásico, que recupera os elementos máis típicos das series que aparecen na tradición europea: gato, can, pau, lume, auga… Con este tipo de contos, os nenos aprenden a establecer conexións, e a partir de aí, a xeneralizaren e mesmo a faceren predicións.
Destacan as ilustración tridimensionais, elaboradas a partir de elementos reciclados (botellas, madeira, pedras, arame…).
28/1/11
ABCdario
ABCdario: Álbum ilustrado da editorial Nórdica Libros.
Un libro precioso tanto polo texto coma polas ilustraciós, que gusta a grandes e pequenos.
Un libro precioso tanto polo texto coma polas ilustraciós, que gusta a grandes e pequenos.
Día da paz
Hoxe celebramos o día da PAZ. Esta semana estivemos falando do significado desta palabra e tamén preparando a nosa peza de puzzle que xunto coas pezas das outras clases de Infantil e Primaria formaría a pomba da Paz.
26/1/11
CONTO PARA A PAZ
Os nenos e nenas de Alternativa coa súa profe Oliva viñeron á nosa clase a representar o conto:
Esta historia cóntanos que hai moito tempo, todos os elefantes do mundo eran brancos ou negros, e odiábanse entre si. A guerra non tardou en estoupar e, durante tempo e tempo non se volveu a ver ningún elefante sobre a Terra. Ata que un día saíron da selva os netos dos elefantes amantes da paz ...
Un texto axeitado para reivindicar a paz, contra a intolerancia e o racismo, moi apropiado para introducir nas aulas a reflexión arredor da violencia e as súas causas.
Un texto axeitado para reivindicar a paz, contra a intolerancia e o racismo, moi apropiado para introducir nas aulas a reflexión arredor da violencia e as súas causas.
DÍA DA EDUCACIÓN AMBIENTAL
Hoxe unha educadora de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia) veu á nosa clase a contarnos un conto no que os animaliños do bosque nos pedían axuda para reciclar o lixo.
Todos participamos reciclando o lixo para os distintos contedores.
Todos participamos reciclando o lixo para os distintos contedores.
25/1/11
30 DE XANEIRO. DÍA DA PAZ
Parece que todos os anos poño esta canción, pero aos nenos/as de tres anos gústalles moito.
Contacontos
Hoxe fomos á Biblioteca porque alí nos esperaba Jessica unha nena, de sexto curso de primaria, que se ofreceu para contar un conto aos nenos/as de tres anos.
Escolleu o conto "O coelliño branco" e contouno tan ben que estivemos atentísimos ata o final do conto. Foi unha experiencia moi bonita, esperamos que se repita. Gracias Jessica!
Escolleu o conto "O coelliño branco" e contouno tan ben que estivemos atentísimos ata o final do conto. Foi unha experiencia moi bonita, esperamos que se repita. Gracias Jessica!
23/1/11
EXPERIMENTOS
Este curso imos adicar dous días á semana á ciencia.
Os xoves e os venres convertémonos en científicos e facemos experimentos.
Os xoves e os venres convertémonos en científicos e facemos experimentos.
Coma sempre pedimos colaboración ás familias, e algún neno/a xa chegou á clase cos ingredientes necesarios para mostrarnos o seu experimento.
Experimento de Lara
Experimento de Lara
Un ovo frota na auga salgada.
Lara para facer este experimento trae: Un ovo, un recipiente transparente, sal e auga. O ovo bótase ao recipiente con auga, craramente o ovo afonda, pero se botamos sal á auga, o ovo comeza a frotar, o ovo mantense na superficie.
(A auga, que desplaza o ovo co seu peso, cando se lle bota sal facémola máis pesada, e por iso o ovo frota.)
(A auga, que desplaza o ovo co seu peso, cando se lle bota sal facémola máis pesada, e por iso o ovo frota.)
Experimentos de Andrea
1º - "Flor de papel"
2º - "Xabón á pementa"
19/1/11
18/1/11
Proxecto: O CORPO HUMANO
Comezamos un novo proxecto: O corpo humano.
Estamos investigando, trouxemos fotos e libros da nosa casa e fomos á Biblioteca buscar moitos libros que falan do corpo.
As nosas familias contáronnos como éramos de bebés e as cousas que facíamos.
Acompañados dunha música suave íamos acariciando cada parte do corpo do noso/acompañeiro/a.
Estamos investigando, trouxemos fotos e libros da nosa casa e fomos á Biblioteca buscar moitos libros que falan do corpo.
As nosas familias contáronnos como éramos de bebés e as cousas que facíamos.
Así gateábamos.
Estos días ao acabar a asamblea voltamos á nosa mesa gateando.
Coa axuda da profe Oliva fixemos unha sesión de relaxación.
Acompañados dunha música suave íamos acariciando cada parte do corpo do noso/acompañeiro/a.
13/1/11
Actividades para a Paz
Todos os 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. Para estos días estamos preparando actividades para facer cos nenos/as.
En AulaTic atopei este libro Lim con actividades para Infantil e Primaria sobre o que significa a Paz e algúns Premios Nobel da Paz.
En AulaTic atopei este libro Lim con actividades para Infantil e Primaria sobre o que significa a Paz e algúns Premios Nobel da Paz.
11/1/11
NADAL 2010
Estos son os nenos e nenas de tres anos representando o conto do "Peixe Arco Iris" no festival do Nadal. Estiveron moi graciosos e pasáronno moi ben.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)














