26/5/11
Plantación
Hoxe fomos plantar ao Bañal. Plantamos buxos.
Imos facer un labirinto coa silueta da tartaruga que é o logotipo de AMA (Aula de Medio Ambiente).
Primeiro plantamos e regamos. Facíanos moita gracia sacar a auga do pozo por medio dunha palanca que subía e baixaba. Tamén xogamos e merendamos con bo apetito.

25/5/11
Proxecto: "Os cabalos"
Seguimos co proxecto dos CABALOS. Fai uns días escribimos unha carta para as mamás e papás para que nos axudaran a buscar información dos cabalos. Cada neno e cada nena vai explicando e mostrando a información que trae da súa casa. Xa temos ferraduras dos cabalos, fusta, libros, vídeos, debuxos ... todo para o rincón que estamos preparando para este proxecto.
Hoxe falamos das carreiras de cabalos. Decidimos facer unha carreira, cada neno/a pintou o número que levaría para identificarse na carreira, xa que todos/as seríamos cabalos.
Hoxe falamos das carreiras de cabalos. Decidimos facer unha carreira, cada neno/a pintou o número que levaría para identificarse na carreira, xa que todos/as seríamos cabalos.
24/5/11
Cumpres de Andrea e Noa
Hoxe celebramos os cumpres de Xulián e de Andrea. Viñeron as súas mamás e preparamos entre todos unha tarta riquísima. Tamén houbo máis sorpresas!
21/5/11
Sol e sombra
Ós científicos do Monte Caxado seguimos investigando. Como recordaredes dedicamos dous días da semana ao proxecto da ciencia coa profe Oliva e con Daniel e Leila da clase de cinco anos, que saben moito.
Empezamos a investigar sobre o SOL: cómo é, que fai, ónde está. Comezamos coas nosas hipóteses:

E saímos ao patio para observar o Sol cun carrete de fotografía sen usar. Foi estupendo, porque vimos moi ben o Sol.
Tamén observamos as sombras que se producen. Pintámolas cunha tiza branca.
O sol e os planetas:
Empezamos a investigar sobre o SOL: cómo é, que fai, ónde está. Comezamos coas nosas hipóteses:
- Está no ceo. (Érika)
-Está detrás das nubes. (Miguel)
-Ten raias. (Xulián)
- É amarelo. (Daniel)
- Quenta ás persoas, ao río e o lago das Pontes. (Lara)
Cada neno/a pintou o seu sol.

E saímos ao patio para observar o Sol cun carrete de fotografía sen usar. Foi estupendo, porque vimos moi ben o Sol.
O sol e os planetas:
18/5/11
Proxecto: Os cabalos
Hoxe decidimos por votación comezar un novo proxecto.
Saiu gañador o proxecto dos CABALOS, proposto por Xulián, pero so por un voto, xa que o proxecto das PALAS E TRACTORES, que propuxo Óscar, tamén tiña moitos seguidores.
Na asamblea fomos falando e apuntando todo o que sabíamos e despois debuxamos un cabalo.
Tamén escribimos unha carta para os papás e mamás para que nos axuden a buscar información, buscaremos na Biblioteca e tamén en Internet e con todo o que atopemos iremos formando pouco a pouco o rincón do proxecto dos CABALOS.

17/5/11
Lingua minoritaria, vídeo de Manuel Núñez Singala e Manuel Bermúdez Blanco
Manuel Núñez Singala e Manuel Bermúdez Blanco, do Servizo de Normalización Linguística da Universidade de Santiago de Compostela, prepararon este vídeo divulgativo sobre o galego:
Manuel Núñez Singala e Manuel Bermúdez Blanco, do Servizo de Normalización Linguística da Universidade de Santiago de Compostela, prepararon este vídeo divulgativo sobre o galego:
16/5/11
Festival das Letras Galegas
O xoves fomos ao Cine Alovi. Celebramos "O Día das Letras Galegas".
Os nenos e nenas de tres anos bailamos "A saia da Carolina".
Fixémolo moi ben e tamén nos portamos moi ben atendendo ás actuacións doutros cursos.
Tamén se repartiron os premios do concurso de reciclado de AMA (Aula de Medio Ambiente) e do concurso que convoca a ANPA polas Letras Galegas , tivemos un premio colectivo para a toda a clase nos dous concursos. Os premios consistiron en material para o rincón da cociña e o libro disco "Na punta do Pé" da Editorial Kalandraka.

15/5/11
14/5/11
11/5/11
Contos na Biblioteca
10/5/11
Excursión
Xa fixemos a excursión de fin de curso. Tivemos sorte co tempo e puidemos disfrutar dun día de campo no Muíño de pedroso.
9/5/11
Premio no IV Certame As Boliqueiras
O venres fomos ao Cine Alovi recoller o premio polo libro que fixemos de Castelao 125 anos.
Este é o noso traballo:
Recollendo o premio:
Este é o noso traballo:
Recollendo o premio:
3/5/11
Pintora: Maruja Mallo
Despois das vacacións de Semana Santa comezamos a traballar sobre a obra dunha gran pintora Maruja Mallo.
Así está o rincón de Maruja Mallo:
MARUJA MALLO PINTOU NATUREZAS VIVAS: CARACOIS, ESTRELAS MARIÑAS, ALGAS, UVAS, ROSAS, ....
Nosoutros pintamos a estrela mariña, mesturando as cores.
MARUJA MALLO ESTUDOU XEOMETRÍA.
Nosoutros pintamos moi ben este cadro de espirais.
Tamén pintamos acios de uvas.
FOTOGRAFÍA DE MARUJA MALLO CUBERTA DE ALGAS
Todos/as nos cubrimos de algas para a foto.
1/5/11
Contamos contos
Xa fai algún tempo Daniel e Óscar contaron e "leron" contos aos demais nenos e nenas da clase, e fixéronno así de ben.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)