30/9/11

As árbores do noso patio

Sabemos que chegou o outono e queremos saber qué pasa nesta estación. Saímos ao patio e estivemos observando as distintas clases de árbores: acivros, castiñeiros, maciñeiras.... De momento todas as árbores teñen follas, eso que tamén hai moitas polo chan. Collimos castañas, mazás, landras.

Estas fotos que fixemos pensamos comparalas coas que sacaremos dentro dun mes ou dous. Atoparemos cambios?.






26/9/11

A princesa está triste...



Despois de escoitar e ver a Sonatina de Rubén Darío comentámola:
- Había unha princesa que tiña o pelo longo. (Noa)
- Tiña os ollos redondos e azuis. (Daniel)
- A princesa estaba triste, afogábase nas lágrimas. (Lara)
- As flores tamén choraban. (Xulián)
- As lágrimas da princesa facían un charco. (Miguel)
- Un bufón saltaba para facer rir á princesa pero non ría, choraba. (Andrea)
- Estaba triste porque quería casarse cun príncipe. (Érika)
- O príncipe chegou nun cabalo con ás. (Óscar)
- Soaba a guitarra. (Mateo)
- Casáronse o príncipe e a princesa. (Érika)
- E bailaban. (Andrea)

20/9/11

Os tres bandidos


Os tres bandidos" é unha adaptación realizada por Tomy Ungerer dun clásico da literatura infantil contemporánea traducida a máis de trinta idiomas.


Cóntanos a historia de tres bandidos que non facían outra cosa máis que roubar e atemorizar aos demais, ata que coñeceron unha nena orfa que lles cambiará a vida para sempre.
Nas clases de infantil é un conto que ten moito éxito.

Están moi graciosos os efectos especiais do son. Unha forma tan sinxela de facer sons coa boca.

Falando dos castelos

Hoxe aprendemos moitas cousas dos castelos con Xulián. Traía moita información da súa casa. Falounos do foso, da ponte levadiza e tamén do que se comía nos castelos e cómo se divertían. Estamos encantados con todas as familias porque todas se implican moito. O noso proxecto vai medrando día a día. Estamos todos moi motivados.



Tamén acabamos de pintar e repasar as pedras do castelo coas dúas torres.



Canción do castelo

19/9/11

Os castelos

Esto dos blogues é unha marabilla porque compártense cantidade de ideas, actividades...Neste momento teño que darlle as grazas a Ana de AulaTic que vendo que estamos co proxecto dos castelos informoume deste libro Lim que está precioso con debuxos feitos polos nenos.


Castles

No blog da profe de inglés tedes un vídeo dos castelos. Castles

16/9/11

Un vídeo de castelos

Facendo castelos

Estamos decorando a clase para este proxecto e xa se vai notando ao entrar de que vai o tema.
Cada día chegamos ao cole con máis información que buscamos nas nosas casas cos papás, mamás,...Na asamblea sentímonos moi importantes porque todos nos escoitan e miran o que traemos.
No encerado facemos castelos, construimos as ameas seguindo as ordes: arriba, dereita, abaixo, dereita, arriba... Imos aprender moito.




15/9/11

Cabaleiros e castelos

Lara recomendounos na asamblea esta páxina que atopou coa súa mamá e que é moi interesante e nos ensina moitas cousas dos castelos.



Novo proxecto

O pasado fin de semana tivemos unha Feira Medieval aquí en As Pontes. Todos estaban vestidos coma na Idade Media, Había peregrinos, cabaleiros, artesáns,...

Na asamblea decidimos o novo proxecto: OS CASTELOS.
Queremos investigar:
- Quen vivía nos castelos?
- Que partes ten un castelo?
- Quenes eran os cabaleiros e as damas?
- Cales eran os sistemas de defensa dun castelo?
- ….
Para comezar, onte mandamos unha carta ás familias e hoxe xa apareceron algúns nenos e nenas con información para presentar na asamblea.


O noso rincón de información xa vai collendo forma:

Posted by Picasa

14/9/11

ABC...

CON ESTE VÍDEO REPASAMOS AS LETRAS DO ABECEDARIO.

12/9/11

1º Día de curso

Hoxe, o primeiro día de curso, despois de saúdarnos, bicarnos e inspeccionar esta clase nova, fixemos unha asamblea para contarnos moitas cousas.
Case no nos dá tempo, falamos de viaxes, festas, praia, piscinas, parques, o accidente de Xulián...
Moitos acompañaban a súa historia con documentos gráficos, (fotos, apuntes ...) Poñeremos todo nun mural para repasar estas historias tan interesantes.

 
Posted by Picasa

3/9/11

Preparados para comezar!


Comezamos un novo curso coas pilas cargadas e moita ilusión.
De momento estamos so os mestres, preparando as clases,
- colocando mesas, limpando monecos e cacharriños,
- creando espacios dónde os nenos/as podan moverse, aislarse, construír, explorar, experimentar, expresarse, traballar en grupo e individualmente...

Dentro duns días compartiremos todo esto cos nosos nenos e nenas.

Encheranse as clases de voces, risas, algún choro, ...

Seguro que todos temos moitas ganas de vernos e de contarnos cousas.

O vindeiro mércores, día sete, teremos a Reunión de pais/nais ás 11:30 na clase de catro anos.
As clases comezarán o día 12. Será unha presentación de 10 a 11:30.