28/2/11

Indios

Óscar e Noa expoñen todo o que trouxeron das súas casas.

O TIPI

Xa temos acabado o tipi. Tivemos que xuntar moitas peles de búfalo e coselas todas. Agora xa nos podemos meter dentro e non fai nada de frío.


23/2/11

Taller de maquillaxe

Onte faltaron algúns nenos por estar enfermos e non puideron pasar polo taller de maquillaxe, e como foi unha actividade que lles gustou moito e ademais sorprendéronme polo ben que o facían repetimos hoxe.
Estos indios/as non necesitan axuda para caracterizarse!


22/2/11

Proxecto: Os indios

Esta é a canción que nos vai acompañar no desfile do antroido.

Taller de maquillaxe


Proxecto: Os indios

Estamos traballando moito no proxecto dos indios.
Aprendemos moitas cousas da súa vida.
A nosa clase vai camiño de converterse nunha gran reserva de indios.
Xa vedes o mural tan bonito que estamos pintando.
Tamén pintamos plumas para o noso penacho, e pintamos unha paisaxe coa pradeira onde vivían os indios.
Este vai ser o traxe que luciremos na festa do antroido.

21/2/11

Ciencia. Flotación

Investigamos sobre a flotación
Que materiais son os que flotan: madeira, plástico, metais?
Buscamos pola clase os distintos materiais (de plástico, de metal, de madeira) e polo patio (pedras, follas..) e comprobamos qué sucedía ao metelos na auga.



No blog de Oliva PEQUENICOS podedes ver máis fotos.

15/2/11

Proxecto: OS INDIOS

Estamos comezando un novo proxecto: "OS INDIOS". Tamén nos imos disfrazar de indios polo antroido así que temos moito traballo por diante.
Os nenos e nenas xa están investigando e hoxe algún xa trouxo material moi interesante da súa casa.

Buscamos nun mapa do mundo donde estaba América e tamén o río Misisipi.


Estamos aprendendo cancións indias moi divertidas.





Con Ángeles, a profe de Inglés, tamén estamos aprendendo cancións e vocabulario relacionado con este proxecto.
Podemos mirar o seu blog: UP AND AWAY na nosa casa.

14/2/11

O PENSADOR DE RODIN

Neste proxecto do corpo tamén estudiamos algunha obra de arte tanto de pintura coma escultura.
Os nenos e nenas observando e contestando a algunhas preguntas chegaron por eles mesmos a descubrir o nome desta escultura:

"O PENSADOR"


PROXECTO: O NOSO CORPO

SAN VALENTÍN

O noso libro do AMOR





Hoxe na Biblioteca repartíronse os premios aos gañadores das cartas de amor. O noso premio foi moi dulce, uns bombóns riquísimos!

13/2/11

Os protagonistas son os pés

  • Sentimos os pés.
  • Sentimos os pés cando pasamos a brocha coa pintura polo pé dereito e o esquerdo, fainos cóxegas.
  • Vemos como son as nosas pegadas no papel.
Despois toca a limpeza que tamén é moi divertida.


Cumpreanos

Xa van cumprindo os catro aniños os nenos e nenas da "clase dos peixes".
Acabamos de celebrar os cumpres de Mateo e de Óscar que ademais de ser amiguísimos cumpren os anos case xuntos. Tivemos a sorte de contar coas súas familias que puideron vir e nos axudaron a organizar esta xornada. Os nenos por suposto estiveron encantados de que estiveran os papás celebrando o cumpre con todos nós na clase.



10/2/11

9/2/11

EXPERIMENTOS. Molécula de auga.

Todas as semanas estamos traballando a ciencia coa profe Oliva que nos prepara moitas actividades.




Entrando no blog de Oliva "Pequenicos" podedes ver máis traballos destes ciéntíficos/as.

8/2/11

A TROPA DE TRAPO

Este Domingo ás 17.00h proxéctase no cine Alovi unha película realizada especificamente para nenos/as de o a 6 anos: "A TROPA DE TRAPO"

4/2/11

Divertímonos coas cores

Hoxe investigamos sobre as cores amarela e vermella. Sopramos con palliñas para mesturar estas dúas cores e recoñecer a cor que lográbamos. Despois acabamos mesturando co pincel.
Cada neno/a descubriu algún personaxe ou obxecto no seu debuxo (fantasmas, monstruos, camións...) e marcou o contorno coa cor negra, e xa podedes ver os resultados

3/2/11

ELECTRICIDADE ESTÁTICA

Na clase temos un equipo de científicos, e dous días á semana poñemos as batas brancas e experimentamos.
EXPERIMENTO DE XULIÁN
Hoxe Xulián trouxo un experimento da súa casa. A súa mamá traballou moito preparando todo o material pero valeu a pena porque o experimento saliu xenial
ELECTRICIDADE ESTÁTICA