28/3/11
Cumpreanos de Marzo
Hoxe celebramos os cumpreanos do mes de Marzo. Cumpriron catro anos: Lara, Érika e Miguel. Tivemos a sorte de contar coas súas nais que nos axudaron a preparar a festa. Saíu todo moi ben e os nenos e nenas estiveron encantados.
27/3/11
Os imáns
A semana pasada os científicos descubrimos os imáns. Manipulamos e exploramos imáns de diferentes formas e tamaños. Descubrimos que atraen e pegan algúns obxectos da clase. Buscamos distintos obxectos e materiais e experimentamos cos imáns. Agrupamos obxectos que son atraídos polos imáns e os que non. Seguiremos investigando....
23/3/11
22/3/11
DIA MUNDIAL DA AUGA
Hoxe celebramos o Día Mundial da Auga, e tendo en conta que no noso colexio existe un Aula de Medio Ambiente programáronse diversas actividades na Biblioteca do colexio (Biblocaxado).
Un vídeo da gota de auga:
Tamén fixemos experimentos. Os científicos de tres anos colaboramos na presentación dos experimentos.
Un vídeo da gota de auga:
Tamén fixemos experimentos. Os científicos de tres anos colaboramos na presentación dos experimentos.
Teatro
Onte fomos ver a obra teatral infantil ‘Bajo mi cama una estrella’, a cargo da compañía La Tirita Teatro. Gustounos moito.
20/3/11
Modelar barro
A semana pasada traballamos con barro. Primeiro amasaron, estiraron a masa e fixeron boliñas. Investigaron con este material e descubriron unhas sensacións distintas das que lles ofrece a plastilina. Decían que estaba frío.... Tamén estampamos a nosa man no barro estirado. Deixámolo uns días a secar e despois con coidadiño de non rompelo pintamos por fora da man. (Iban moi contentos/as con este regalo para o seu papá!.)
18/3/11
13/3/11
12/3/11
Ciencia: Absorción
Esta semana OS CIENTÍFICOS coa profe Oliva traballamos un concepto novo: ABSORCIÓN. Que materiais absorven auga?
Experimentamos con distintos materiais e comprobamos os que absorvían auga e os que non. Tamén tomamos nota dos resultados.
Experimentamos con distintos materiais e comprobamos os que absorvían auga e os que non. Tamén tomamos nota dos resultados.
8/3/11
8 DE MARZO DÍA DA MULLER
Este é un conto moderno, realista e divertido , dedicado a todas aquelas mulleres que un día descubriron que a súa vida xa non é aquel conto de princesas e de fadas que lles prometeron.
7/3/11
6/3/11
Proxecto "Os Indios"
Tamén fixemos traxes indios para as nosas siluetas que tíñamos do proxecto "O corpo"
Pintamos según o gusto de cada un. Recortamos os flecos e así é como quedaron.
Pintamos según o gusto de cada un. Recortamos os flecos e así é como quedaron.
3/3/11
NO LABORATORIO
O máis interesante desta mañá foi a clase que recibimos no Laboratorio.
Carmen, a profesora de Bioloxía de Secundaria, con tres alumnos seus preparánronnos unhas prácticas de Laboratorio.
Había que ver as caras destes nenos/as alí sentados neses taburetes altos e con tanto material importante. Non parecían os mesmos, tan formales e tan atentos...
Agradecemos moitísimo a Carmen e seus alumnos (Rubén, Diego e Miguel) que nos regalaran parte do seu tempo e nos explicaran e trataran tan ben.
2/3/11
Visita da Escola Infantil Barosa
Hoxe recibimos a visita da Escola Infantil Barosa.
Compartimos momentos moi agradables.
Primeiro estivemos no Pavillón porque uns nenos e nenas de 6º curso de Primaria representaron para nós o conto de : Chibos, chibóns".
Compartimos momentos moi agradables.
Primeiro estivemos no Pavillón porque uns nenos e nenas de 6º curso de Primaria representaron para nós o conto de : Chibos, chibóns".
Despois xogamos no patio de Educación Infantil mentras que os papás e mamás daban un percorrido polo colexio para coñecer as súas dependencias.
Por último estivemos na clase de tres anos onde uns pais da ANPA nos tiñan preparada unha moi boa merenda.
1/3/11
ATRAPASOÑOS
LENDA DO ATRAPASOÑOS:
Unha tradición dos Lakota di que recibiron o ATRAPASOÑOS para recordanos que en cada tempo da vida hai moitas forzas, unhas boas (que te axudarán) e outras malas (que te levarán na dirección equivocada). O atrapasoños vainos axudar. Si cres no Gran Espírito a telaraña atrapará as boas ideas e as malas iránse polos buratos. O mesmo vale para os soños, os bos quedan e os pesadelos escapan.
Os Lakotas cren que o atrapasoños sostén o destino do teu futuro.
Nós fixemos o noso atrapasoños para seguir a tradición india.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)