29/4/11

Celebramos o "Día do Libro"

Pintamos un mural para a Biblioteca




Os nenos e nenas da clase de tres anos representaron un conto para os nenos/as de 4º da E.S.O.


Conto: " Loboferoz"


Os alumnos de 4º da E.S.O. tamén lles contaron contos aos nenos e nenas de tres anos.

26/4/11

Maruja Mallo


Imos coñecer a unha gran artista galega:
Maruja Mallo (Viveiro, Lugo, 1902-Madrid, 1995)

Maruja Mallo foi unha gran pintora amiga de Dalí,Buñuel, García Lorca e Alberti entre outros.
No seu exilio na Arxentina coincide con Luís Seoane e Castelao artistas que xa traballamos este curso na nosa clase.
Este ano o concurso das Letras Galegas convocado pola ANPA é de "Mulleres importantes" e na clase de tres anos eleximos a Maruja Mallo.

Neste vídeo podemos ver moitas obras súas.


23/4/11

Move o rato

Esta actividade divertida e ideal para os nenos/as que están aprendendo a mover o rato.
Preme na imaxe e move o rato

15/4/11

CASTELAO

Este ano conmemoramos o 125 aniversario do nacemento de Castelao. Para participar no Certame "As Boliqueiras" que tiña por tema Castelao, estivemos investigando da súa vida e obra. (Xa publicaremos os nosos traballos.) Tamén está convocado pola Aula de Medio Ambiente o concurso de reciclado de todos os anos. Nosoutros quixemos seguir coa mesma temática así que fixemos unha escultura de Castelao para participar neste concurso. Hoxe fixemos o traslado para o lugar onde se vai expoñer. Todos/as quixeron levala un pouquiño.


¡Tus propias imágenes en una Slideshow para MySpace, Facebook, orkut o tu página web!mostrar todos los imagenes de esta slideshow

14/4/11

Desprazamentos do caracol

Xa sabemos que os caracois desprázanse moi ben por superficies planas pero hoxe quixemos experimentar qué ocurriría por outro tipo de superficies, por exemplo por un cepillo do pelo.
Pensamos que non iba poder aguantar enriba do cepillo, pero puidemos observar que ademais de aguantarse movíase por encima das púas sen dificultade.

12/4/11

Easter Egg Hunt

Os nenos e nenas de 6º curso de Primaria prepararon con Ángeles, a profe de Inglés, unha actividade para facer cos nenos/as de Infantil. Tiñan que buscar polo patio os ovos de chocolate.



Todos/as tiveron o seu premio.



Podemos ver máis fotos no Blog UP AND AWAY

11/4/11

7/4/11

As ondas do mar


Os científicos seguimos investigando....

- Como se producen as ondas do mar?.

- É o vento o responsable de que se fagan ondas no mar?

Imos soprar e imos ver qué pasa...

Xa vimos que somos capaces de producir ondas.
- E unha fonte, como a podemos facer? Sopramos por debaixo do embudo e sae un chorro de auga.

Aula de Tecnoloxía

Este luns cando saímos da Biblioteca, cada un/a co noso libro, oímos un ruído e fomos investigar de qué se trataba. Saía da aula de Tecnoloxía. Estaban traballando cun taladro. Daniel o profesor de Tecnoloxía invitounos a entrar e vimos un coche, feito polos nenos/as maiores, este coche tiña mando e acendíanselle as luces!! Tamén vimos moitas ferramentas: martelos, serras, limas.... Gracias profe Daniel!

1/4/11

Proxecto: "Os caracois"

Comezamos un novo proxecto: Os caracois. Na asamblea falamos dos caracois e fomos ao noso horto buscar caracois. Tivemos moita sorte porque atopamos nove caracois, un para cada neno/a.


Fomos a Biblioteca buscar información e atopamos o conto

"O caracol Remoldiño"



Érika contounos o conto:


Fixemos unhas marionetas de caracol:

A cada caracol marcámoslle un número que se corresponde co número que ten cada neno/a na lista da clase. (É unha maneira de reforzar o cóñecemento dos números.)

Despois fixemos unha carreira de caracois e levámonos unha sorpresa porque non gañou un caracol grande, gañou o número oito, un caracol pequeniño, o de Daniel.


Cada neno/a marcou nun folio unha liña recta por onde debía ir o caracol, pero algún caracol despistouse....