23/6/11

Último día de cole

O último día xuntámonos con todos os alumnos/as de Infantil e de Primaria e bailamos e xogamos un pouco.







Despedímonos ata setembro. Boas Vacacións!!!

Equilibrio

Cada neno e cada nena pasea cun saquiño de area na cabeza. Temos que manter o equilibrio. Chegaremos á meta sen que nos caigan?

19/6/11

Aberto por vacacións




No blog http://casadetolos.nireblog.com/ atopei este conxunto de actividades, unha proposta que dende a Junta de Castilla y León fan para este verán.

18/6/11

Pintando o Planeta Terra

Por que os osos panda son blancos e negros?
Cando estaban pintando o mundo algún tiña que despistarse, non si?

COLLAGE

Estamos acabando o curso e seguimos así de concentrados no traballo.
Claro que o resultado vale a pena!






17/6/11

Visita á aula de Tecnoloxía

O equipo de científicos tivemos a sorte de ser invitados polo profe Daniel a visitar a aula de tecnoloxía.
Onte, cando chegamos, xa nos estaba esperando cos seus alumnos/as.

Foron moi amables e cariñosos con todos nosoutros e nos explicaron un montón de cousas.
Todas as cousas que vimos estaban feitas polos alumnos/as:

- Coches con mandos que tanto nos gustaron.

- O disco de Newton cas sete cores do arco da vella que ao facelo xirar chegamos a ver a luz branca.
- Circuitos eléctricos.
- Interruptores.


- Ferramentas
...................

Dámoslles as gracias por tratarnos tan ben. Moitas gracias!!!



15/6/11

O PEIXE ARCO IRIS

Andrea trouxo á clase este vídeo do conto que representamos no Nadal. Eu xa publicara fotos pero pensei que vos gustaría velo porque está simpático.

PREMIO SHUNSINE-AWARDS


Ana do blog: "AULA TIC" nos envía este premio que ten por obxectivo fomentar a unión e os nexos de contacto entre os blogueiros da blogosfera. As bases do premio establecen que para ser aceptado, ten que publicarse unha entrada no blog agradecendo a quen o entrega e dar o premio a outros doce blogs amigos.
Eu doulle as grazas a Ana por visitar o meu blog e polos seus comentarios tan cariñosos.

Entrego o premio aos seguintes blogs:












14/6/11

O noso horto

De cando en cando imos mirar como medra a nosa plantación. As leitugas coméronas os caracois, os pimentos van bastante ben, pero o que nos está deixando alucinados son os calabacíns, que están enormes, con flores, e xa se ve o froito que se vai formando. Ah! tamén temos pexegos, medrarán ata a volta das vacacións.



Reloxo de sol


A clase dos científicos, con platos de cartón e palliñas, fixemos uns reloxos de sol con todos os números. Despois saímos ao patio para averiguar a hora solar.
Tamén foi moi divertido mirar por uns periscopios que nos deixaron os nenos/as de primeiro. Éramos capaces de ver cousas que, se non fora polo periscopio, quedaríannos demasiado altas.

 

13/6/11

8/6/11

Teatro de sombras

Os ciéntificos de E. Infantil que estamos investigando o SOL e analizando as sombras que atopamos polo patio preparamos un teatro de sombras.
Unha representación do conto: Nadarín.
Recortamos as siluetas dos personaxes:




A profe Oliva contaba o conto e nosoutros movíamos as siluetas.
Levouse a cabo na Biblioteca e o público invitado foron os nenos e nenas de primeiro de Primaria.



"O cabalo de circo" de Joan Miró

Despois de observar e falar de todo o que vemos no cadro: "O cabalo de circo" de Joan Miró facemos un collage.











5/6/11

A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER.....

No conto: A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA . Tamén aparece un cabalo.




1/6/11

No blog UP AND AWAY
da profe de inglés, atopei este vídeo relacionado co noso proxecto, xa que en inglés tamén traballan os nosos proxectos. Neste blog atoparemos xogos e cancións moi divertidas. Animo a todos a visitalo, merece a pena!


Cabalos de cartón


Cunhas pinzas, cartón e lá fixemos os nosos cabaliños.