30/8/11

CAMPAÑA PARA A CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO




O blog de Ana AULA TIC nos da a coñecer o blog La princesa de las alas rosas dónde se informa que o doce de setembro lanzarán unha campaña para concienciar á sociedade para un tratamento digno do autismo.

Trátase dunha campaña que un grupo de pais, nais e profesionais puxeron en marcha para axudar a desmitificar o autismo e darlle á palabra un uso adecuado, por iso necesitan que todo o que teña blog ou páxina web e quera sumarse á campaña, os axude a difundila.
Máis información: http://autismosinmitos.blogspot.com/

18/8/11

Bebés: a imaxinación ao poder

Eduard Punset entrevista á psicóloga Alison Gopnik sobre todo o que estamos aprendendo do marabilloso cerebro dos nosos bebés.

11/8/11

Premio

Temos unha amiga que sempre nos visita, Ana, do blog Aula Tic, e hoxe comparte con nós este premio que recibiu. Moitas grazas Ana por acordarte de nosoutros.Enlace
Unha condición que leva este premio e dicir algo de min mesma. Eu prefiro falar do grupiño de nenos e nenas de Educación Infantil que me acompañan nesta andadura e que son a materia prima por excelencia. Queremos ter unha escola aberta e ter a sensación de que en calquer momento podan pasar cousas interesantes: acontecimentos sociais, virtuais, culturais, sentimentais...unha escola que parta do desexo de saber innato no neno/a. Que eles mesmos elixan os proxectos que interesa investigar, coa axuda imprescindible de tódalas familias.
Cando surxe un interés no grupo de nenos e nenas miramos, curioseamos, preguntamos.... TODOS/AS APRENDEMOS DE TODOS/AS

Quero compartir este premio con tódolos blogues amigos que visito e que me visitan.

9/8/11

Feira do libro da Coruña

A semana pasada estiven na feira do libro na Coruña. Vin moitos libros que me encantaría ter na nosa biblioteca. No stand da librería AENEA tiven a sorte de falar con Lola Puerta que me mostrou un montón de novidades.
Puiden ter nas miñas mans CUENTOS SILENCIOSOS en formato POP- UP de Benjamin Lacombe.



E xa que estamos no verán recordamos o conto LA OLA de Suzy Lee ilustradora coreana que gañou importantes premios. Neste suxerente libro sen palabras cóntanos a historia dunha nena nun día de praia.




3/8/11

Tal pai, tal fillo.



"Si ti les, el le"