30/11/11
27/11/11
Coñecendo a Picasso
Los Tres Músicos. 1921 Pablo Ruiz Picasso
- Un frautista cunha frauta. (Óscar)
- Unha sombra do lobo. (Érika)
- O rabo do lobo. (Mateo)
- Un parece un pallaso porque ten a roupa coma un pallaso. (Noa)
- Un músico cunha guitarra. (Andrea)
- Notas musicais. (Daniel)
- Tenas un que parece un rei mago. (Xulián)
- Un músico ten barba e outro sombreiro. (Miguel)
Tamén buscamos un título para este cadro. Ao final acabamos acertando o título que lle puxo Picasso.
26/11/11
CAIXAS
Todos temos unha caixa, Como queremos que sexa a nosa caixa? Ímola personalizar, decorala ao noso xeito. Temos á nosa disposición papeis, teas, pinturas, gomets,....tesoiras, pegamento, brochas...
Xa pensamos algunha actividade para cando estén listas.
Mans á obra!
Xa pensamos algunha actividade para cando estén listas.
Mans á obra!
22/11/11
21/11/11
Conto: "Un rato no piano"
Bemol Pispante é un rato. Él ama a música e por iso vive nun piano. O resto dos ratos que viven na casa no o entenden e pensan que está loco porque podería ser descuberto polo propietario do piano...
O teatro na Educación Infantil: O neno é un mal actor para os demais pero un actor magnífico para sí mesmo e todo o espectáculo debe organizarse de tal xeito que os nenos perciban que representan para sí mesmos. O premio máis alto debe residir na satisfación que os propios nenos experimenten pola preparación do espectáculo (disfrazarse, pintarse...) e non polo éxito e polo aplauso dos maiores.
- Vexo un rato e outro rato detrás do piano. (Miguel)
- O rato está tocando o piano. (Andrea)
- Vexo letras. (Noa)
- Un ratiño está sentado no piano. (Daniel)
- Son bloques. (Óscar)
- Chámanse teclas. (Daniel)
- Teclas do piano. (Mateo)
- O rato está nun piano porque ten estas teclas negras e brancas. (Xulián)
- Estará tocando. (Mateo)
- Ou descansando. (Érika)
- Pode estar correndo por enriba do piano. (Xulián)
- Ou pensando. (Óscar)
- Está oscuro. Están un pouco tristes. (Miguel)
.......
15/11/11
SENTIMOS A MÚSICA
De momento o que fixemos foi falar respondendo ás preguntas: Que é a música? Donde hai música? Como podemos facer música?
Fixemos música co noso corpo e buscamos pola clase obxectos que produciran música.
Con Érika, alumna de prácticas imos facer instrumentos musicais xa que ela ten que facer un traballo sobre os cotidiáfonos.
Os cotidiáfonos son instrumentos sonoros realizados con obxectos e materiais de uso cotián, de sinxela construcción, que producen sons mediante simples mecanismos: frotar, sacudir, raspar, beliscar…
E para que vexades o que se pode facer con vexetais mirade o seguinte vídeo:
Outro vídeo para disfrutar:
Etiquetas:
Música,
Proxecto: Sentimos a música,
Vídeos
11/11/11
Regletas Cuisenaire
As regletas Cuisenaire ou números de cor, son un material matemático destinado a que os
nenos e nenas aprendan a composición e descomposición dos números e se inicien
nas actividades de cálculo, sobre unha base manipulativa e visual.

O material consta dun conxunto de regletas de dez tamaños e cores diferentes. A lonxitude das mesmas vai de 1 a 10 cm. Cada regleta equivale a un número determinado.
Nosoutros estivemos xogando coas regletas para familiarizarnos con elas. Fixemos figuras, comparamos tamaños...Tamén fixemos unha ficha pintándo cada regleta coa súa cor.
9/11/11
8/11/11
Retratos estilo Arcimboldo
Despois de estar vendo na pizarra dixital cadros do pintor Arcimboldo, empezamos a traballar nas nosas composicións. Coloreamos coas ceras moitas froitas e recortámolas.
Cada neno/a foinas colocando como quixo no seu retrato de perfil.
Cada neno/a foinas colocando como quixo no seu retrato de perfil.
5/11/11
ARCIMBOLDO
OS RETRATOS DE ARCIMBOLDO O pintor Arcimboldo (1530-1593) naceu en Milán. É coñecido por inventar un retrato no que os rostros están compostos básicamente por flores, froitas e outros vexetais, así como de otros elementos inertes. Os cadros máis coñecidos son os das catro estacións, nos que cada pintura está representada por froitas e obxectos típicos da estación representada. Con estas pinturas Arcimboldo pretendía simbolizar ademais das estacións, as diferentes etapas da vida.
OUTONO
Ensinar e traballar este pintor na aula pode ser moi divertido e emocionante.
Unha actividade divertida é recortar froitas e verduras de revistas y despois crear os nosos retratos.
4/11/11
MAGOSTO
Para celebrar o magosto esta semana fixemos unha viseira - castaña, fixemos uns bolsos para meter as castañas e tamén fixemos uns libriños con palabras relacionadas co magosto.
Hoxe foi o día da festa. Comemos castañas na clase. Estaban boísimas!. Despois saímos ao patio a participar nos xogos que nos preparou o profesor de Educación Física.
Pasámolo moi ben.
3/11/11
A letra "a"
Está claro que "todos aprendemos de todos" como dixen moitas veces. Onte fixemos por primeira vez a letra "a" minúscula. Dísenlles que se trataba dunha letra moi difícil, e non sei se sería por iso que todos puxeron moito interés en aprendela. E como a Óscar lle sae perfecta hoxe repartía clases particulares.
Estaba moi simpático!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

















