Os científicos de catro anos retomamos a investigación nos proxectos científicos que xa comezáramos en tres anos.
Eleximos o Proxecto: Aire, que tamén o están desenrolando os nenos e nenas de tres anos. Deste xeito poderemos investigar xuntos.
Na asamblea fixémonos moitas pregunta:
- Quen son os ciéntificos?
- Que é o aire?
- De que está formado?
Despois vimos o seguinte vídeo:
Comprobamos que non facía demasiado vento.
Outra actividade que fixemos, esta vez cos nenos e nenas de Primaria e a profe Blanca foi reciclar o aceite vello e convertelo en xabón.
2 comentarios:
Que gusto dá ver estes científic@s. Por certo, remexeron tan ben o xabón que ten unhas pintas bárbaras. Xa está cortadiño e pronto poderán levar un anaquiño para as súas casas. Agora queremos facer deterxente líquido para a lavadora. Apuntádesvos?Bicos
É a primeira vez que vexo facer xabón con aceite usado nunha clase. Paréceme unha experiencia fantástica e moi enriquecedora para os rapaces e rapazas. Terei que probar. Sodes uns investigadores de primeira. Unha gran aperta.
Publicar un comentario