26/2/12

ÁLVARO CUNQUEIRO

A MESA pola Normalización Lingüística das Pontes convoca o V concurso "AS BOLIQUEIRAS".
O tema desta edición é "ÁLVARO CUNQUEIRO"

ÁLVARO CUNQUEIRO, escritor galego nacido en Mondoñedo (Lugo). Escribiu en lingua galega e en castelán.



Foi poeta, novelista, autor teatral, traductor e xornalista.



El, en palabras súas, foi «un fabulador vagabundo, soñador de historias, propio doutro século, onde puidera ir cantando cunha viola polas feiras adiante».



Tamén se definiu coma un "buscador de tesouros".



Construiu un mundo propio e simbólico, unha especie de realismo máxico á galega .
Por esta razón entraremos no seu universo asombroso e coñeceremos algúns dos seus personaxes fantásticos.

CURTAMETRAXE : "ALISTÁN, O DEMO OVEIRO" INSPIRADA NOS PERSONAXES MÁXICOS DE ÁLVARO CUNQUEIRO, ACERCARÁ AO ALUMNADO INFANTIL A FIGURA DO ESCRITOR.




Animación en plastilina. Baseada nun texto de Álvaro Cunqueiro.
Argumento: Alistán é un demo que sofre un grave desaxuste intestinal, o que lle produce o rexeitamento dos habitates do bosque. Para resolver o seu cheirento problema, Alistám vai ao médico que lle receita o consumo exclusivo de ovos de galliña, sempre que non o pille o sacristán de Seixido.
Pinchade na imaxe:











POEMA DE ÁLVARO CUNQUEIRO








24/2/12

RINCÓN DE TAPIES

Para imitar a Tapies experimentamos con distintas mezclas: pintura con azucre, con fariña, con pan raiado..., pegamos cordas, periódico, teas...



Así nos está quedando o rincón de Tapies:

O LIBRO DA NOSA VIDA

Onte levamos á casa o libro da nosa vida. Démoslle un repaso e comparamos as medidas do noso corpo ao nacer. Están representadas por estas cintas.



ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe lembramos á poetisa Rosalía de Castro con motivo da conmemoración do seu nacemento, o 24 de febreiro de 1837 en Santiago de Compostela.
Limos a poema:

Adiós, ríos; adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.

Escoitamos o poema cantado por Amancio Prada.



21/2/12

14/2/12

ANTONI TÁPIES

Nosoutros que nos chamamos ciéntificos porque facemos experimentos e investigamos, parécenos moi boa idea experimentar tamén cos materiais como facía Tápies.
A obra de Tápies ademais de vela podemos sentila, tocala e descubrir sensacións novas. As súas obras non son planas, ao contrario, teñen obxectos que convidan a tocalos, a sentilos coas mans.

 Contidos da obra de Tápies:
  • -         Traballa a materia a partir de terra, polvos de mármore…
  • -         Traballa o corpo humano, básicamente fragmentado.
  • -         Traballa o trazo a partir do estudio zen (as formas redúcense ao mínimo).
  • -         As súas cores dominantes son o vermello , ocre, negro, azul, laranxa.
  • -         Traballa o gravado.
  • -         Traballa as transparencias a partir de barnices.
  • -         Traballa o volume a partir de obxectos reciclados.
  • -         Tápies utiliza diversos tipos de soporte: papeis, teas, tablas…
  • -         As súas obras acostuman ser moi grandes.
  • -         A Tápies gústalle entrar dentro da súa obra paseándose descalzo. De aquí o gran interés por dar importancia ao pé, a primeira cousa que pousamos na terra ao camiñar.
  • -         Utiliza moitos materiais: Cartón, periódicos, pintura, teas, materiais de reciclado…
Hoxe analizamos este cadro: 

QUE VEMOS? QUE TÍTULO LLE POÑEMOS?

 Queredes saber cáles son? 
- "Muro de pedra" (Miguel) - "Caballeriza" (Xulián) - "Pinchos de area" (Daniel) - "Son mineiro" (Noa) - "Stop, que paren" (Érika) - "Carro de cabalos" (Óscar)


ANTONI TÁPIES

O día 6 de Febreiro morreu Antoni Tápies. 
O artista barcelonés era un dos maiores representantes europeos do arte abstracto.
 Foi galardonado co Príncipe de Asturias das Artes e o Velázquez das Artes Plásticas.
Na clase limos a noticia no periódico. Aprendimos o seu nome e miramos a súa foto e as súas obras. Coñecemos algo da súa vida: 
- Naceu en Barcelona. 
-Sabemos que utiliza moitas cousas nos seus cadros ademais das pinturas: cordas, teas, palla, area... 
Queremos pintar igual que Tápies. Fixámonos no seu retrato e dibuxámolo.

13/2/12

Cumpreanos

Hoxe celebramos os cumpreanos de Óscar e Mateo. A mamá de Oscar e os papás de Mateo viñeron á clase para preparar con todos nosoutros unha gran festa. Traían os ingredientes para unha receita sorpresa.
Fixemos unhas magdalenas riquíiiiisimas!!!
Somos uns cociñeiros/as de primeira!!!


9/2/12

EXPERIMENTOS

Os científicos de catro anos seguimos investigando . Xa sabemos que o osíxeno é imprescindible para a vida.
Hoxe fixemos o experimento de acender unha vela, observar a chama que desprende e pensar  qué ocurre si a cubrimos cun tarro de cristal. 
Apagarase ou permanecerá prendida a chama? 





Despois de comprobar que se apaga cando se acaba o osíxeno, contamos para saber canto dura. 

Tamén seguimos falando da forza do aire. Recordamos un experimento do ano pasado, de cómo se formaban as ondas do mar.  
 

8/2/12

Poemas de amor

 Para o concurso de cartas de amor que se convoca por San Valentín presentamos este libro de poemas de amor.



5/2/12

A FORZA DUN SOPRIDO

Este xoves os científicos, despois de ver o vídeo, fixemos o experimento de cómo funcionan os pulmóns.
Tamén inflamos globos. Primeiro sopramos directamente no globo e despois poñendo unha palliña ao globo. Descubrimos que a algúns nenos resultáballes máis fácil inflar o globo deste xeito.
Outra actividade que fixemos foi soprar a unhas boliñas de papel de seda que fixemos previamente. Queríamos saber as distancias que alcanzábamos cada un de nós co noso soprido. Utílizamos a cinta métrica e apuntamos os resultados. Deste xeito incluimos as matématicas no proxecto.  Estamos traballando os números nun contexto que ten sentido. Intentan lelos, len en grupo para intercambiar información, e van comparando a distancia máis grande coa máis pequena. 


2/2/12

PROXECTO: O AIRE

Os científicos dedicamos os xoves a investigar, e como xa sabedes neste momento investigamos sobre o aire.
Para seguir a nosa investigación temos estes vídeos interesantes.
O aire que respiramos:
Experimento