8/3/12

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Debemos avanzar na coeducación. É importante tratar de facer unha escola non sexista, igualitaria, integradora, respetuosa e tolerante.
 Hoxe na clase contamos o conto de "Rosa Caramelo".

Rosa Caramelo

 “Rosa caramelo” é a historia dunha manada de elefantes e elefantas na que unhas e outros viven de maneira separada e teñen actividades diferentes, incluso a cor delas e deles é distinta. Os elefantes son grises, comen herbas verdes, dúchanse no río, revólcanse no barro e durmen a sesta debaixo das árbores. As elefantas son rosadas, non comen herbas verdes, non se duchan no  río, non se revolcan no barro e non durmen a sesta debaixo das árbores. As elefantas están encerradas nun xardín cercado, comendo unhas flores que non lles gustan porque saben mal y levan zapatiños, babeiros, e lazos tamén de cor rosa para volverse máis rosas. Os elefantes non levan nada para facerse máis grises, nin comen flores que saben mal. Entre todas as elefantas destaca unha, Margarita, que é de cor gris e por máis que intenta comer as mesmas flores que as súas compañeiras para volverse rosada, non o consigue.
Para ver o conto pincha na seguinte imaxe:

 Ao final, despois do conto foi necesario falar e reflexionar porque me atopei coa resposta de que a maioría das nenas querían ser rosas.

No hay comentarios: