31/1/12

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

Algunhas imaxes do Día da Paz e non violencia.




29/1/12

EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL


O xoves 26 de Xaneiro celebramos no colexio O Día da Educación Ambiental. Leváronse a cabo diferentes actividades tratando de concienciar aos nenos e nenas dun tema tan importante como é o Medio Ambiente.
Os científicos de catro anos  retomamos a investigación nos proxectos científicos que xa comezáramos en tres anos.
Eleximos o Proxecto: Aire, que tamén o están desenrolando os nenos e nenas de tres anos. Deste xeito poderemos investigar xuntos.
Na asamblea fixémonos moitas pregunta: 
- Quen son os ciéntificos?
- Que é o aire?
- De que está formado?
Despois vimos o seguinte vídeo:
 Para saber se no patio facía vento fixemos un xoguete cunhas tiras de papel de seda.

Comprobamos que non facía demasiado vento.
Outra actividade que fixemos, esta vez cos nenos e nenas de Primaria e a profe Blanca foi reciclar o aceite vello e convertelo en xabón.



27/1/12

O MEU NOME EN ÁRABE

Investigamos e descubrimos cómo se escribe o noso nome en árabe. 
Fai clic no enlace seguinte: O meu nome en árabe



DANZA PERSA

Os nenos e nenas de tres e catro anos e a profe Oliva bailamos unha danza persa.
Despois do baile acabamos facendo unha sesión de relaxación.


24/1/12

ATLAS INTERACTIVO DOS PAISES DO MUNDO

Como falamos duns países tan lonxanos necesitamos buscalos no mapa. Pinchando no seguinte enlace podemos atopar todos os países do mundo:
           
                ATLAS INTERACTIVO DOS PAISES DO MUNDO

20/1/12

PROXECTO: MERCADO PERSA

Estamos preparando a clase para montar un mercado persa. Comezamos por facer o mural que imos completar pouco a pouco.

Pero a sorpresa tivémola hoxe cando nos invitaron os nenos e nenas de tres anos a ir á súa clase porque estaba alí unha bailarina da danza do ventre.



PESO E MEDIDA

Aínda que levamos uns días sen publicar os nosos traballos seguimos facendo cousas novas.
Despois de investigar coa axuda das familias o noso peso e medida ao nacer, ao ano, aos dous anos e aos tres anos pesámonos na clase e medímonos porque queremos saber o peso e medida neste momento da nosa vida, é dicir aos catro anos. Tamén fixemos comparacións entre uns e outros.




ALÍ BABÁ E OS 40 LADRÓNS


17/1/12

MERCADO PERSA

Xa temos elexido o tema do entroido. Este ano imos formar entre todos os cursos un mercado persa. A idea saiu de Marita, a profe de música, pensando nunha peza musical do compositor inglés  Ketelbey e que lles encanta a todos os nenos e nenas. O compositor intentou pintar con música o bullicio dun mercado de Bagdad.




A obra componse de dez cadros, fáciles de recoñecer:
Cadro 1: Chegan os mercaderes cos seus camelos.
Cadro 2: Pobres pedindo esmola.
Cadro 3: Aparece a princesa co seu séquito.
Cadro 4: Xuglares e saltimbanquis saltan, fan piruetas xirando arredor da plaza
Cadro 5: Oense aos encantadores de serpes
Cadro 6: O califa pasa solemne co seu séquito, silencio...
Cadro 7: Outra vez os pobres.
Cadro 8: A princesa  prepárase para saír.
Cadro 9: Os camelos continúan o seu camiño e a xente vaise indo.
Cadro 10: O mercado perde animación, a música é cada vez máis suave. Todos se van , coincidindo cos acordes suaves, secos. A obra acaba cun acorde forte. 


De aquí ao Entroido ademáis de ir confeccionando os traxes tamén imos transformar a nosa clase nun mercado persa.
Haberá princesas, califas, encantadores de serpes, saltimbanquis, vendedores de alfombras,....etc.

13/1/12

A NOSA BIOGRAFÍA

Estamos comezando un novo proxecto. "A nosa Biografía"
Coa axuda das familias os nenos e nenas investigarán  datos importantes da súa vida dende o seu nacemento, ou incluso antes, xa que estes días falamos de cando  estaban na barriga das mamás.
Tamén dedicaremos bastante tempo a falar dos irmáns, dos que xa temos e dos que están a punto de nacer (así sabemos como van asimilando eso de deixar de ser fillos únicos).
A primeira ficha que resolveron foi a do seu nome, apelidos, e data e lugar de nacemento.
Comprobamos que moitos coíncidian no lugar de nacemento, outros coincidían no mes de nacemento e todos e todas coincidían no ano de nacemento: o 2007.




Andrea vai ter unha irmaíña para o mes que ven e na asamblea falamos moito dos bebés. Xurdiron moitas preguntas e... quén mellor que a nai de Andrea para explicarnos? 
Onte tivemos a sorte de tela na nosa clase coa "fermosa barriga" que tanto nos gustou.











1/1/12

MÚSICA E PINTURA

Imos comezar o Ano Novo con música e arte...
As pinturas de Chagall reflicten a resonancia dos soños e das fantasías, ao tempo que se inspira nas tradicións populares rusas e a herdanza xudía.