29/5/13

EXCURSIÓN

Por fin chegou a ansiada excursión de fin de curso. Esta vez foi á Granxa Escola de Belelle.
Entramos na clase pola mañá coas gorras e mochilas e tamén, algúns precavidos, con botas de goma porque o día ameazaba chuvia.
E aínda que estivo todo o día orballando, a excursión resultou moi, moi ben. Non facía frío e a chuvia non impediu facer todas as actividades previstas. 
Cando chegou a hora de comer, eu nunca os vira con tanto apetito!. 
Podemos dicir que foi xenial. Portáronse moi, moi ben.


Algúns animais da granxa:


1 comentario:

Ana Martínez dijo...

Que ben o pasáchedes!!!! É un sitio precioso. Un bico.