31/3/14

SORPRESA!

Hoxe fun polo colexio e os nenos e nenas de tres anos tiñanme preparada unha sorpresa. Un regalo que me encantou.   AS SÚAS MANS, decoradas por eles, co seu nome  e unhas verbas moi, moi cariñosas a modo de despedida. Sei que as súas mamás tamén participaron nisto. Quero dar as gracias a todos estos nenos e nenas que tanto me fixeron rir e tamén aos seus papás e mamás, "o regalo máis grande para min foi ter a oportunidade de coñecer aos vosos fillos e fillas que son marabillosos".


 (Estas fotos non son de moita calidade pero permiten plasmar o momento.)

1 comentario:

Ana Martínez dijo...

Que preciosidade de agasallo!Vese que te teñen moito cariño. Unha aperta.