29/12/10

Calquera noite pode saír o sol

"Qualsevol nit pot sortir el sol" é una canción escrita e interpretada por Jaume Sisa.
Esta canción infantil, que fala dos personaxes dos contos, apela a varios dos sentimentos máis nobres e respetables do que é capaz o ser humano: a cortesía, a solidariedade, a hospitalidade.

Penso que se entende bastante ben. de todas formas intentarei traducir esta canción tan bonita

CALQUERA NOITE PODE SAÍR O SOL

Fai unha noite crara e tranquila, está a lúa que da luz,
os convidados van chegando van enchendo toda a casa
de cores e de perfumes.

Temos aquí a Brancaneves, Pulgarciño, os Tres porquiños
o can Snoopy e o seu secretario Emilio, e Simbad,
Ali babá e Gullivert.

Oh, benvidos, pasade, pasade, das tristezas faremos fume
a miña casa é a vosa casa, se é que hai casas de alguén.

Ola Xaimito, e dona Urraca, e Carpanta e Barbazul,
Frankenstein e o Home Lobo,o conde Drácula e Tarzán,
a mona Chita e Peter Pan,
a señoriña Marieta do ollo vivo ven cun soldado,
os Reis de Oriente, Papa Noel, o pato Donald e Pascual,
a Pepa Maca e Superman.

Boas noites señor King Kong, señor Asterix y Taxi-Key,
Roberto Alcázar e Pedrín, o Home do Saco e Patufet,
Señor Charlot, señor Obélix,
Pinocho ven coa Moños collida do brazo,
está a muller que vende globos, a familia Ulises
o Capitán Trueno en patinete.

E ás doce chegaron a fada boa e a Cincenta,
Tom e Jerry, a bruxa Calixta, Bambi e Moby Dick
e a emperatriz Sissí,
e Mortadelo e Filemón, e Guillermo Brown y Guillermo Tell,
a Carapuchiña vermella, o Lobo Feroz y o 'Caganer'
Cocoliso e Popeye.

Oh!, benvidos, pasade, pasade, agora xa no falta naide,
ou quizás sí, xa me dou conta que só faltas ti,
tamén podes vir se queres, esperámoste, hai sitio para todos
o tempo non conta, nin o espacio, cualquera noite pode saír o sol.

20/12/10

Calendario de A.M.A.

A clase de tres anos colaborou no Calendario que propón a Aula de Medio Ambiente e que este ano ten por lema: "Refráns do ano"

Fixemos o mes de XANEIRO

17/12/10

BO NADAL!

Como é natural o Nadal tamén entrou na nosa clase. Nenos e nenas comezaron traballando nas súas casas coa axuda de pais, nais, irmás...,fixeron uns traballos preciosos cheos de creatividade. Había que verlles as caras cheas de felicidade cando chegaron á clase coas súas carpetas. "Mira, mira profe vouche dar unha sorpresa! e vaia se ma deron!
Estos traballos ademais de bonitos viñan cargados de afectividade, de amor.



14/12/10

Todos somos Seoane

Hoxe pintamos o retrato de Luís Seoane. Utilizamos a técnica de estampación con esponxas molladas en pintura. Pintámoslle primeiro a cara, despois o pelo e por último a camisa.Cando secou pegámoslle as gafas, que estaban feitas en cartulina, e completamos o retrato. Logo recortamos, puxémoslle un pauiño e disfrázamonos todos/as de Seoane.



LIBRO DO NOSO PROXECTO SOBRE LUÍS SEOANE

1/12/10

Luís Seoane: A chambra blanca

Miramos este cadro e cada neno/a foi dicindo o que vía:
- Unha señora que ten un brazo. (Noa)
- Un brazo amarillo. (Lara)
- Ten pantalóns marróns. (Andrea)
- Ten unha cabeza, unha boca, uns ollos. (Xulián)
- Unha muller amarilla. (Daniel)
- Ten unha teta. (Miguel)
- Está nunha cárcere. (Lara)
- Polas ventás está escuro. (Mateo)
- Hai que acender a luz para non ter medo. (Óscar)
A continuación representamos o cadro.
Preparándose: