13/2/14

XUBILACIÓN E VIAXE

Hai moito tempo que non publico nada no blog. Estiven casi tres semanas coñecendo Ecuador, este país sudamericano onde está traballando un fillo meu, "mobilidade laboral" lle chaman agora.
O día 11 de xaneiro cumprín sesenta anos e acollinme á xubilación voluntaria, entre outras razóns porque me gustaba irme nun momento dulce, disfrutei moito con este último ciclo de E. Infantil, con este ambiente de familia que chegamos a crear, nenos e nenas, pais e nais.
Xubílome pero non quero abandonar o mundo da educación, quero seguir falando de educación e  seguir visitando blogues de tantos compañeiros extraordinarios dos que aprendín e seguirei aprendendo moito.
Seguirei pululando por aquí animando a todos a loitar por unha educación cada vez mellor para os nosos nenos e nenas.


12 comentarios:

  1. E nós estamos encantados de verte tan feliz, tan chea de vida e con tantas ganas de seguir co blogue. Espero que disfrutaras da viaxe, que esteas disfrutando da túa merecida xubilación e que sigas compartindo con nós toda a túa experiencia e bo facer. Unha gran aperta amiga, no día da amizade.

    ResponderEliminar
  2. Alegrame moito que continues co blog.Botámoste moito de menos,ainda que este descanso era ben merecido.Un biquiño.

    ResponderEliminar
  3. Qué envidia me das. Estás en una edad estupenda para disfrutar de un merecido descanso. También me alegro de que no nos "abandones" y sigas por aquí con tus aportaciones, siempre positivas. Te necesitamos aunque ya no estemos en infantil.

    ResponderEliminar
  4. Que bonito! As vosas palabras alegran o oído, o espírito e moito máis. Se vos tivera aquí daríavos unha aperta, je,je..
    Graciñas.

    ResponderEliminar
  5. Alégrame moito ver que segues publicando no teu blog. Sei que disfrutaches desta viaxe familiar e lémbrate de achegarte polo cole tan pronto andes disponible. Queremos contarche e que nos contes. Biquiños!!!

    ResponderEliminar
  6. So nos faltaría que encima de irtenos do cole nos deixaras sen blog. Estamos ansiosas por seguir disfrutando dos teus contos, das túas ideas, de artigos interesantes dos que aprendemos moitas cousas...DA TÚA GRAN SENSIBILIDADE E O TEU BO TRABALLAR. Foi un pracer compartir estes anos contigo e seguiremoste no blog, para continuar aprendendo da túa experiencia (iso non quita ás visitas ao cole ).Biquiños.

    ResponderEliminar
  7. Pois menos mal que non te nos marchas de todo. Eso di moito da túa vocación e entrega.
    Noraboa! Polo de antes, polo de agora e polo que virá.

    ResponderEliminar
  8. Alegramonos de seguir contando contigo,os nenos e os papàs te botamos de menos,Bikiños

    ResponderEliminar
  9. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  10. Moitas felicidades pola xubilación. Aprendín moito de ti o ano que estiven no cole. Un bico grande
    Pamen Moares

    ResponderEliminar
  11. Noraboa por todo. Alégome moito por ti e polos teus que poderán disfrutar máis de ti. Envidio a túa xubilación e a túa vocación. Un bico virtual (xa che darei un analóxico por Pontedeume)

    ResponderEliminar
  12. Pamen e Eduardo que alegría tervos por aquí! Graciñas polos vosos comentarios. Xa nos veremos por Pontedeume. Bicos.

    ResponderEliminar