Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto: Luís Seoane. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto: Luís Seoane. Mostrar todas las entradas

14/12/10

Todos somos Seoane

Hoxe pintamos o retrato de Luís Seoane. Utilizamos a técnica de estampación con esponxas molladas en pintura. Pintámoslle primeiro a cara, despois o pelo e por último a camisa.Cando secou pegámoslle as gafas, que estaban feitas en cartulina, e completamos o retrato. Logo recortamos, puxémoslle un pauiño e disfrázamonos todos/as de Seoane.



LIBRO DO NOSO PROXECTO SOBRE LUÍS SEOANE

1/12/10

Luís Seoane: A chambra blanca

Miramos este cadro e cada neno/a foi dicindo o que vía:
- Unha señora que ten un brazo. (Noa)
- Un brazo amarillo. (Lara)
- Ten pantalóns marróns. (Andrea)
- Ten unha cabeza, unha boca, uns ollos. (Xulián)
- Unha muller amarilla. (Daniel)
- Ten unha teta. (Miguel)
- Está nunha cárcere. (Lara)
- Polas ventás está escuro. (Mateo)
- Hai que acender a luz para non ter medo. (Óscar)
A continuación representamos o cadro.
Preparándose:




23/11/10

Luís Seoane: Homenaxe a un paxaro

Con ceras, pintura e plastilina estamos facendo o, paxaro de Seoane.



Luís Seoane: "As mariscadoras"


Estes días estivemos traballando o cadro:AS MARISCADORAS de LUÍS SEOANE


Observamos moi ben o cadro descubrindo personaxes, cores, lugar onde se atopaban .....e xogamos a ser mariscadoras e mariscadores.
Descalzámonos e coa marea baixa puxémonos a mariscar, e atopamos berberechos, ameixas, cangrexos...Paramos cando as ondas eran moi altas.
Despois comezamos a facer as nosas obras de arte e a verdade é que prometen.
Mirade que estilo!

16/11/10

Luís Seoane

Xa estamos empezando a coñecer a Luís Seoane:
Andrea trouxo información que nos mostrou encantada.

Posted by Picasa

Tamén pintamos as letras e o fondo do Autoretrato de Luís Seoane
Posted by Picasa

13/11/10

Luís Seoane

Este ano celebramos o centenario do nacemento do artista polifacético LUÍS SEOANE.

Pintor, grabador, muralista, ceramista e poeta.

Desde a Biblioteca saen propostas para dar a coñecer a obra de este artista comprometido con Galicia.