30/11/10

Cumpreanos 1º trimestre

Noa e Daniel cumpriron os tres aniños este mes de Novembro. Para celebralo preparamos unha festa na que colaboraron as súas nais.
Preparamos os gorros de cociñeiros/as, as coroas para os homenaxeados e fixemos un biscoito no forno. Despois puxemos a mesa, cantamos "Cumpreanos feliz", comemos o biscoito, bebemos batidos e zumes, e xogamos cos globos.
Unha festa moi, moi divertida!
Aquí tedes as imaxes:

2 comentarios:

  1. Estes nenos son moi traballadores, todos colaboraron moito á hora de facer o biscoito.Non me estrañaría nada que algún deles chegara a ser un gran reposteiro.
    Eu disfrutei moito cos nenos, son todos moi bos.
    Gracias á profe por deixar que os pais participenos nesta festa,así podemos pasar un dia no cole cos nosos fillos e coñecer mellor as suas reaccións,o seu comportamento cos outros nenos ...
    Un saludo.
    A mamá de Noa.

    ResponderEliminar
  2. Gracias á ti María por vir. A min tamén me encanta que os pais participedes e colaboredes en todo o que facemos na escola porque estou convencida que esto é bo para os nenos/as. Un saúdo.

    ResponderEliminar