1/12/07

POR QUÉ CONTAR CONTOS

POR QUÉ CONTAR CONTOS

Un neno ten que medrar, acumular numerosas experiencias, desenrolar o seu mundo interior.
Os primeiros puntos de apoio que atopa o neno para a súa futura creación é “o que ve e o que oe”, acumulando ideas que logo usará para construir a súa fantasía.

Os contos axúdan a un neno:
- a desenvolver a imaxinación,
- a adquirir vocabulario, ler imaxes, aprender a nomear, a sinalar,
- a anticipar o que vai pasar,
- a descubrir o mundo que o rodea e que non lle é cercano,
- a distinguir o que está ben do que está mal, porque dá oportunidades para falar, para dialogar,
- a falar dos medos e vencelos,
- a investigar (os libros informativos ).
- a relaxarse, para acabar o día con moito cariño.
Por iso, hai razóns dabondo para contar contos.

No hay comentarios: