MES DE ABRIL, MES DO LIBRO
O 23 de Abril celébrase o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO
O 23 de abril de 1616 morreron Miguel de Cervantes e William Shakespeare, dous dos persoeiros máis importantes da literatura universal. Agora celebramos este día como o Día do Libro.
No colexio cada curso preparou un conto para contalo a outro curso inferior.
Os nenos de cinco anos contaron o conto:" Os sete cabritiños" aos de catro anos.
Os nenos de catro anos representaron o conto: "A ratiña presumida" para os de tres anos.
Na biblioteca hai unha pregunta para todos os nenos e nenas:
Se foses un libro, que libro che gustaría ser?
Os nenos de catro anos escribiron: "O coelliño branco", "A casa da mosca chosca", "No David", "O gato con botas", "A ratiña presumida"....
Cando chega a hora do conto, faise un corro arredor da persoa que conta o conto e, mentras as historias van cobrando vida, vemos ollos asustados, felices, asombrados, chispeantes,...
Contos contados ou lidos pero iso sí repetidos moitas veces.
Son esperados, aprendidos, representados ("eu son o príncipe, ti es a bruxa...."), e acaban formando parte da historia persoal do grupo.
2 comentarios:
Encántame visitar o teu blog!Dá gusto ver docentes tan implicados no disfrute dun sorriso dun neno ou nena.Estas vivencias son as que de verdade fan medrar a educación :aprendizaxe=ledicia.Unha aperta para ti e biquiños para os pitufos e pitufas de infantil.
Publicar un comentario