Marita, a profesora de música, e Elia, unha nena de catro anos, déronlles a benvida no nome de todos nos.
Un neno e unha nena de sexto de primaria representaron un contiño cos monicreques feitos por eles.
Estiveron xogando no patio de infantil, pero sóubonos a pouco, cando programemos a próxima visita, terémolo en conta.
Antes de irse, merendaron cos nenos de tres anos, na súa clase.
Todos os nenos de Educación Infantil estiveron encantados coa visita destes pequeniños que fixo que se sentiran moi maiores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario