Despois do fin de semana moitos nenos e nenas contan que foron a visitar aos avós. Falan deles con moito cariño, non hai máis que oir a Uxía falar do seu avó Luis, e ver como se ilumina a cara de Adrián falando do seu avó Paco, ou como Silvia nos fala da súa avoa que está no ceo, ou a Eric falar do yayo Manolo que está en Barcelona, tamén Elia nos trouxo escrita a historia dos seus avós e do bisavó nun libriño con fotos, Eyob, Uxía , Adrián tamén trouxeron fotos, e
tod@s falan e falan e ímonos coñecendo cada vez máis.
Este ano o tema do concurso literario das Letras Galegas tamén foi:
"OS AVÓS" , así que fixemos un proxecto con este tema.
Fixemos un mural donde pintamos un avó e unha avoa e pegamos recortes de revistas con avós.
Falamos e nomeamos a todos os avós, pola parte de mamá e pola parte do papá. Algúns trouxeron fotos.
Na biblioteca atopamos libros.
Inventamos un conto entre todos: "Xana vai... á casa da súa avoa"
No hay comentarios:
Publicar un comentario