Que rápido nos pasou o curso!. Xa estamos practicamente despedíndonos. Na asamblea propoñemos os traballos que máis nos gustan para estes últimos días: pintura para decorar o corredor do colexio, modelado en barro e cadros con distintos materiais: pintura, plastilina, papeis...sentímonos moi artistas!
As asambleas foron evolucionando: en tres anos cada un vai ó seu aire, e non paramos de movernos. Ahora en catro anos é distinto, somos capaces de recordar o que fixemos e de contalo, e hai un desexo de falar e de escoitar (como di Eyob: "se non escoitas non te escoitaremos a ti"). Ultimamente ó chegar á clase xa oímos: traio algo que contar, traio algo para ensinar, e xa nos preparamos para a asamblea. Todas estas inquedanzas vanse vertendo en propostas de traballo, nos proxectos que fomos facendo: "os piratas", "os dinosaurios" "as plantas", "os avós"....E damos as gracias aos pais e nais que colaboraron moito aportando información e materiais de todo tipo.
Tamén andamos a escribir palabras: cada un di a palabra que quere escribir e entre todos vai saíndo, porque xa coñecemos as letras dos nosos nomes, o S de Silvia, o X de Xoel, o D de David....
Hoxe tivemos algo extraordinario: merendamos no patio. Invitáronnos e preparáronnos a merenda as mamás da ANPA.
FOI UNHA FESTA. MOITAS GRACIAS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario