Hai formas redondas, que rodan; outras que rodan por un lado e por outro non, e hai formas que non rodan por ningún lado porque teñen caras planas. A todas estas formas dámoslle nome: esferas, cilindros e prismas.
Clasificamos os obxectos pola forma e xogamos con eles.
Cada vez que encontramos algo xa o metemos nas cestas dos cilindros, das esferas ou dos prismas e a verdade é que aprendemos moi rápido.
Pezas de distintas formas mollámolas en pintura e facemos estampacións nun folio.
Saen: cadrados, triángulos, círculos e rectángulos.
Recortamos e clasificamos as figuras según os criterios que escollemos: pola forma, pola cor, polo tamaño...
Buscamos en internet un cadro de Paul Klee :
"Bailando por medo"
Imprimímolo e expoñémolo.
Primeiro buscamos os elementos recoñecibles: cuadrado, rectángulo, triángulo. ¿Cantos son ?
Que son?. Que fan?. Que lles pasa?.
-Son monecos feitos con figuras. (Tomás)
-Son nenos que están bailando. (Antía)
-Están nunha clase de música. (Eyob)
-Están nunha festa bailando. (Adrían)
-Son nenos que están xogando no parque, no tobogán, coas mans para abaixo e as pernas para arriba, iso é moi perigoso. (Mario)
-Algúns non teñen círculos con caras. (Elia)
-A min case me parecen uns paraugas. (Eric)
------
Imaxínamos títulos para este cadro.
Bailando", "Facendo ximnasia", "Matando xabaríns"...etc.
Comparamos os nosos títulos có título do cadro: "Bailando por medo"
Nosoutros có medo non bailamos. O que facemos é berrar, chamar ó papá (que ten moita forza) ou correr moito.... (Elia)
Chega o momento de facer os nosos cadros:
- Primeiro temos que preparar o fondo:
- Pegamos as figuras.
-Poñémoslles os brazos e as pernas coa pintura negra.
¡AS NOSAS OBRAS DE ARTE!
----------
--
No hay comentarios:
Publicar un comentario