3/9/08

OS VERMES DE SEDA

En xuño quedounos sen mostrar unha experiencia moi interesante, como uns vermes de seda chegaron a ser bolboretas.

A cousa empezou así:

" Nunha caixa tíñamos uns oviños moi pequeniños que puxeran unhas bolboretas o curso pasado, esperábamos que naceran vermes pero pasaban os meses e alí non pasaba nada. Todos os nenos e nenas se preguntaban "¿cando nacen os vermes de seda?" e a resposta era: "cando esa árbore do patio, que se chama moreira, teña follas". Pouco antes do mes de Maio a moreira tivo follas pero na nosa caixa non víamos ningún verme! Cando nos cansamos de esperar decidimos coller follas da moreira e metelas na caixa a ver que pasaba. Era venres e marchamos de fin de semana, cando volvimos o luns miramos a caixa e non víamos nada pero ocurriusenos coller unha lupa porque se os vermes eran tan pequeniños ó mellor non se vían a simple vista, e cal sería a nosa sorpresa cando descubrimos uns vermes diminutos.


Os vermes foron medrando moito porque eran moi larpeiros e comían sen parar.



Cando xa estaban moi gordos pararon de comer e cun fío de seda, que producían eles mesmos, fixeron coma unha casiña redonda e amarela moi bonita e metéronse nela.


E nisto que acabou o curso e levei eu a caixa para a miña casa e aquí tedes as fotos das bolboretas.

Como un día vin a Tomás, deille a caixa coas bolboretas. Está encargado de coidalas e de traelas o primeiro día de cole. ¡Esperemos que se acorde!

1 comentario:

Mary dijo...

Hola Anxeles, emocionóume moito ver o blog que fixeches có curso onde está o meu neno, coido que son afortunados por terte coma mestre.
Nas vacacións coidamos as volvoretas e para Tomás é seu irmán Antón, foi todo un acontecemento. Logo fómonos uns días de viaxe e cando volvemos estaban mortas. Antón decíanos que morreran porque nas coidaramos. Mais logo acordamos deixalas ata que comenzaran as clases para enseñarchas. Tomás o día da presentación dixome que nacerían mais adiante... agora están na clase esperando o día que lles toque sair. Gracias Anxeles por coidalos nosos fillos, certo que eles non te esquezeran.
Saudos.