Este proxecto comenzou aproveitando unha viaxe miña a Barcelona na que visitei a Fundación Miró. Trouxen para a clase un par de libros de pintura de Joan Miró e un xogo de construccións en tres dimensións para facer esculturas estilo Miró.
Construimos e despois debuxamos a nosa escultura nun folio.
Na asamblea preguntámonos se sería interesante aprender cousas de este artista que naceu en Barcelona e desde moi pequeno gustáballe moito debuxar e pintar. Mediante votación, por unha amplísima maioría quedou elexido este proxecto.
Na asamblea preguntámonos se sería interesante aprender cousas de este artista que naceu en Barcelona e desde moi pequeno gustáballe moito debuxar e pintar. Mediante votación, por unha amplísima maioría quedou elexido este proxecto.
O primeiro foi buscar información, así que mandamos unha carta ás familias, que coma sempre nos axudaron estupendamente.
Buscamos libros na Biblioteca escolar e buscamos información en internet.
Atopamos varios libros:
Pouco a pouco fomos aprendendo cousas da vida e da obra de Joan Miró.
- BIOGRAFÍA DE JOAN MIRÓ
Miró era un pintor famoso. Seu pai chámabase Miguel.(Silvia)
Naceu en Barcelona. (Eyob)
Súa nai chamábase Dolores Ferrá. (Javier)
Vivíu en Tarragona cos avós. (Adrián)
También vivíu en París, Barcelona e Palma de Mallorca. (Javier)
Conoceu un pintor famoso que se chamaba Picaso. (Adrián)
Pintaba cadros moi famosos. Pintaba o seu autorretrato. (Elia)
Un día casouse. (Xoel)
Miró facía esculturas e pintaba. Facía unha obra de arte. Tiña un cadro con estrelas e puntos. Facía debuxos nos libros e facía cadros con debuxiños. Sabía pintar un xardín, un burro. Utilizaba amarelo, verde, negro, azul mariño e azul craro. (Silvia)
Debuxa caras e ollos e tamén un caracol. (Uxía)
Miró pintaba o corpo sen barriga coma eu cando era pequena. (Carmen)
Pintaba un cadro azul y vermello. (Alejandra)
Tamén pintaba polas paredes, facía moitas cousas de traballo. (Eric)
A veces pintaba coa escoba. (Javier)
.............................................
Pintamos coma Miró
Fixemos esculturas
CREAMOS UN MUNDO FANTÁSTICO
Entrando na obra de Joan Miró, descubrimos un mundo cheo de líneas, formas e cores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario