O pasado mércores celebramos os cumpres deste trimestre.
Cumpriron anos: UXÍA, TOMÁS, MARIO, CARMEN, SILVIA, EYOB.
Estaban moi guapos cada un coa súa coroa, e gustoulles moito o libriño que lles regalamos con debuxos feitos por nós.
Foi moi divertido, as mamás trouxéronnos os ingredientes para facer un biscoito e unha tarta, e nosoutros convertémonos en cociñeiros e puxémonos mans á obra. A mamá de Carmen exerceu de fotógrafa.
A tarta quedounos moi adornada cos lacasitos e as velas, pero, á hora de comela non tivo tanto éxito coma o biscoito do que non deixamos nin unha faragulla.
Gracias mamás, pola vosa colaboración que, coma sempre, agradecemos moito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario