Tamén foi un día de agasallos. Un conto polo traballo feito das Letras Galegas e o primeiro premio do concurso de reciclado de A.M.A. e déronnos unha cámara dixital que nos ven de marabilla para facer as fotos para o noso blog. Ademais descubro que teño moi bos fotógrafos na clase, como poderedes comprobar nestas fotos feitas por Elia, Eric, Eyob. (Estamos encantados, todos imos facer fotos con esta cámara.)
Pola tarde tamén foi a entrega de premios do certame Letras Galegas "As Boliqueiras" na Casa Dopeso. Tamén recibimos premio polo libriño que fixemos das palabras mais fermosas do galego.
1 comentario:
Noraboa Angeles, a ti e a todos os nenos e nenas de cinco anos que xa sabiamos que eran unha marabilla: actuando, escribindo e agora resulta que tamén facendo fotos.
Parabens para todos.
Bye! Bye! Angeles (Inglés)
Publicar un comentario